Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 11 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación aproba a segunda relación de concellos do plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos

Carmela Silva sinalou que 11 novos concellos contarán con axudas para contratar a persoal administrativo dos servizos sociais e de axuda no fogar.

[Img #33162]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou esta semana en rolda de prensa da aprobación da segunda relación de axudas do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos deste 2017, por valor de 405.307,98 €, dos que se beneficiarán 11 novos municipios, e que por primeira vez chegará  á totalidade dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Estes once municipios disporán así dunha axuda para a financiación da contratación de persoal administrativo para os servizos sociais e do servizo de axuda no fogar (SAF), segundo explicou a presidenta.

 

En concreto, o concello de Arbo recibirá 35.226,50 €, Catoira 21.337 €, Cerdedo-Cotobade 47.976,07 €, Covelo 32.335,5 €, A Lama 29.786,64 €, Mondariz 52.027 €, Oia 18.034,74 €, Rodeiro 22.832,32 €, Sanxenxo 62.202 €, Silleda 60.847,71 € e Soutomaior 22.702,5 €.

 

 

 

 

O plan provincial leva aprobados  1.722.829,98 € dos máis de dous millóns de euros que ten previsto para 2017

 

 

 


Carmela Silva lembrou que este ano a Deputación de Pontevedra dedicou 2.215.035,33 € ao Plan de Cofinanciamento de 2017, do que xa se levan aprobados, incluíndo estas últimas axudas, 1.722.829,98 €, e dos que ata agora se teñen beneficiado 43 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.

 

Ademais, a Presidenta  anunciou que a terceira e última relación de concellos, na que se adxudicarán as achegas aos 9 municipios que restan, se aprobará en breves, por valor de 492.205,35 €, e que así se asistirá a un total de 52 concellos.

 

O pasado ano, a Deputación adxudicou 1.359.142,45 € para investir no SAF dos concellos de menos de 20.000 habitantes e prestouse servizo a preto de 1.000 persoas nestes municipios, principalmente a mulleres (o 66,7% das usuarias do SAF), maiores de 70 anos e con limitacións para realizar actividades da súa vida diaria.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.