GALICIA
A Xunta publica ortofotografías do ano 1946 das principais cidades de Galicia
A importancia desta información radica na súa utilidade para a comprobación da evolución das zonas urbanas, as dinámicas fluviais ou hidrográficas, repoboacións, superficies de cultivo e grandes infraestruturas.
![[Img #33174]](upload/img/periodico/img_33174.jpg)
A Xunta de Galicia vén de publicar ortofotografías do ano 1946 pertencentes ás principais cidades galegas. A importancia deste traballo radica na súa utilidade para a comprobación dos cambios producidos nas zonas urbanas, así como a evolución e dinámicas fluviais e hidrográficas, repoboacións e superficies de cultivo, variacións localizadas nos ámbitos mineiros, canteiras ou grandes infraestruturas.
Así, pois, o Instituto de Estudo do Territorio acaba de incorporar aos visores de información xeográfica unha nova capa de fondo con estas imaxes, que foron tomadas desde o aire, a escala cartográfica e libres de deformacións, o que permite o seu uso como mapas e mesmo a realización de medicións.
O Instituto de Estudo do Territorio vén de incorporar aos visores de información xeográfica unha nova capa de fondo con estas imaxes, tomadas desde o aire, a escala cartográfica e libres de deformacións, que permiten o seu uso como mapas e mesmo realizar medicións
Trátase dun anticipo do proxecto de recollida deste tipo de datos nos que está a traballar o IET, dentro do Plan Nacional de Ortografía Nacional histórica, que conta, ademais, coa colaboración do Ministerio de Defensa. Cómpre salientar que estas ortofotografías incorporadas ao sistema de información xeográfica do IET foron tomadas na década dos 40 polo exército americano. É, polo tanto, unha información valiosa e custosa debido á dificultade, polo paso do tempo, de recompilar todos os datos técnicos necesarios.
Polo mesmo motivo, este material pasará a formar parte da información xeográfica histórica xeorreferenciada, que, ao igual que a Carta Xeométrica de Galicia ou o voo do ano 56, o instituto está a pór a disposición dos cidadáns e das administracións públicas que o precisen. Deste modo, esta documentación xeorreferenciada de importante valor histórico e cultural consérvase co fin de manter viva a memoria colectiva de Galicia, ao tempo que se facilita á sociedade o acceso e a consulta deste tipo de datos que doutro xeito sería custoso de adquirir.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149