Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 13 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Ponteareas alfombra a Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, convidou aos presentes a asistir á festa do Corpus Christi de Ponteareas.

[Img #33189]

 

O Concello de Ponteareas presentou esta semana na Deputación de Pontevedra o Corpus Christi confecionando unha alfombra floral na entrada principal.


Sobre a mármore do hall lucía espectacular o rosetón floral que arrecendía a rosa desidratada, árnica, flor de carqueixa, vinagrera, cravel ou hortensia, entre outras flores e materiais naturais empregados.


Abríu e pechou o acto a Presidenta da Deputación, Carmela Silva, cun emotivo discurso no que tivo lembranzas da súa infancia e relatou unha morea de anécdotas e impresións vividas no Corpus de Ponteareas que a acompañaron ao longo da súa vida. A Presidenta convidou a tódolos presentes a asistir ás festas do Corpus Christi destacando a súa beleza natural e recoñecendo a árdua labor dos e das alfombristas.

 

 

 

 

Os alfombrista confecionaron un detalle floral na entrada da Deputación de Pontevedra

 

 

 


Pola súa banda o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, salientou a importante labor que se está a facer na difusión e promoción do Corpus e fixo fincapé no factor humano e sensorial dunha festa e dunha arte de longa tradición que segue a medrar ano tras ano.


O Alcalde quixo convidar a un dos alfombristas presentes a describir a técnica e os materiais empregados nesta obra de arte que dende hoxe reloce no hall da Deputación de Pontevedra.


Ao remate, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas asinaron un convenio para a promoción do Corpus por valor de 8.000€ que se veñen sumar ao convenio suscrito con Turismo de Galicia e ABANCA por ser Festa de Interese Turístico Internacional.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.