Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 14 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Inician as obras de mellora da seguridade na estradaA autonómica PO-402, entre Salvaterra e Vilasobroso

A senda peonil da travesía de Fiolledo, con tipoloxía de cuneta transitable, conta cunha extensión de case 700 metros e discorrerá pola marxe esquerda.

[Img #33191]

 

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, José Luis Díez, e o alcalde de Salvaterra de Miño, Arturo Grandal, quixo comprobar de primeira man o arranque das obras de mellora da seguridade viaria na PO-402, entre Salvaterra e Vilasobroso.

 

O Goberno galego cumpre así coa construción dunha senda na travesía de Fiolledo ao seu paso polos devanditos termos municipais, logo de ter rematada o pasado verán a mesma intervención na travesía de Oleiros. Esta actuación conta cun investimento de 59.956,46 euros e un prazo de execución de dous meses, de modo que atendendo ao calendario a obra tería que estar rematada na segunda quincena do vindeiro mes de agosto.

 

 

 

 

A actuación conta cun investimento de preto de 60.000 euros e está previsto que as obras rematen na primeira quincena do vindeiro mes de agosto 

 

 

 

 

A senda, cuxa construción responde a unha solicitude do propio rexedor, ocupa unha extensión de case 700 metros (entre os puntos quilométricos 1+575 e 2+265) e discorrerá pola marxe esquerda da estrada de titularidade autonómica, conectando Salvaterra e Vilasobroso, en zona de dominio público.  A infraestrutura ten tipoloxía de cuneta transitable, de xeito que permite que os veciños circulen por ela de xeito cómodo e seguro, ao tempo que posibilita a recollida de augas pluviais.

 

O proxecto de construción deste itinerario enmárcase no Plan de Mobilidade e Ordenación  Viaria Estratéxica promovido pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI). A Xunta está a executar este tipo de actuacións coa fin de promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamentos menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular, porque estas sendas permitirán que os usuarios poidan facer desprazamentos cotiáns andando ou en bici dun xeito seguro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.