GALICIA
A Xunta premiará ao concello máis ‘recicla-activo’ de Galicia
No marco da campaña autonómica para o fomento da reciclaxe ‘Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclemos mellor’, a Consellería de Medio Ambiente convoca un concurso co fin de gratificar o esforzo dos municipios en canto á xestión sostible dos residuos.
A Xunta premiará ás entidades locais máis ‘recicla-activas’ de Galicia. No marco da campaña autonómica para o fomento da reciclaxe ‘Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclemos mellor’, a Consellería de Medio Ambiente vén de convocar un concurso co fin de valorar o esforzo dos concellos en canto á xestión sostible dos residuos.
Deste xeito, teranse en conta aquelas accións que fomenten a correcta separación de residuos e favorecer, así, o seu posterior reciclado, con especial atención á segregación dos envases lixeiros (latas, briks e envases de plástico) e envases de papel e cartón. Igualmente, se tomarán en consideración o resto de actuacións desenvolvidas polas administracións locais que redunden nunha mellor e máis eficiente xestión dos residuos.
Todas a entidades locais e supra-municipais galegas que, dalgunha forma, están a participar na campaña Oportunidades Galicia mediante a acollida algunha das actividades ofertadas, ben a través da aula-móbil, a carpa informativa, ou o tráiler da reciclaxe.
Ademais, os candidatos deberán presentar unha memoria descritiva, de non máis de 10 páxinas, asinada polo representante legal, na que se detallen as accións máis destacadas desenvolvidas no seu termo municipal, que tiveran como fin último concienciar e sensibilizar aos usuarios en xeral sobre a necesidade de contribuír á reciclaxe. Do mesmo xeito, os concellos deberán xustificar que estas iniciativas foron desenvolvidas entre o 10 de agosto de 2016 e o vindeiro 30 de setembro de 2017, data última na que concluirá o prazo para a recepción da documentación.
Criterios de valoración
Cómpre salientar que o xurado, conformado por representantes da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, así como de Ecoembes e Sogama, valorará as memorias presentadas en base a unha serie de criterios tales como a calidade das actuacións medioambientais desenvolvidas, nivel de implicación do concello, adecuación do traballo realizado ao obxecto do concurso e situación e evolución da recollida selectiva durante o período establecido anteriormente, que, en todo caso, terá en conta a porcentaxe de impropios diagnosticados no contedor amarelo.
Esta información será facilitada por Ecoembes en base ás caracterizacións correspondentes aos últimos tres cuadrimestres.
O fallo darase a coñecer o próximo 31 de outubro a través da web da campaña e redes sociais e o ente gañador será gratificado con equipamento medioambiental consistente en papeleiras triple Eco ou similar, valorado en 2.500 euros.
Teranse en conta todas aquelas accións postas en marcha polas entidades locais para fomentar a correcta separación do lixo, así como o grao de participación nesta campaña a través do acollemento do tráiler da reciclaxe ou a aula móbil
As bases da convocatoria, e toda a información referente á mesma, atópanse aloxadas en www.oportunidadesparareciclar.gal.
Campaña de concienciación
O obxectivo da campaña autonómica ‘Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclemos mellor, que lidera a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en colaboración con Ecoembes e Soegama, é concienciar e sensibilizar a usuarios xeral sobre a necesidade de contribuír á reciclaxe. Trátase dunha iniciativa que se foi expandindo progresivamente por toda a xeografía galega para chegar a todas as idades, grazas a accións desenvolvidas nos municipios, a pé de rúa, así como en centros escolares, asociacións, centros comerciais e eventos deportivos, en tamén visitas a Sogama.
A diversidade de actuacións, adaptadas a distintos perfís sociais, obedece á necesidade de chegar ao maior número de cidadáns para que entre todos, e desde a unidade, consíganse incrementar os índices de reciclaxe na nosa comunidade e senten os cimentos para avanzar cara a un modelo de desenvolvemento centrado na economía circular.
A través de distintos dispositivos divulgativos, a campaña circulou por un bo número de localidades a fin de informar e formar aos cidadáns nas boas prácticas vinculadas á xestión sustentable dos residuos domésticos. Utilizando unha aula móbil e unha carpa informativa, equipos de educadores ambientais lograron captar a atención dos transeúntes para explicarlles con detalle o principio das tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) e como incorporalas á vida diaria.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149