GALICIA
Galicia e China estreitan lazos de cara á celebración do Ano de Turismo China Europa en 2018
Abordan posibles colaboracións no que respecta á Ruta da Seda e ao Camiño de Santiago de cara ao ano próximo.
![[Img #33199]](upload/img/periodico/img_33199.jpg)
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, reuniuse hoxe na China con representantes da Administración Nacional de Turismo (CNTA) deste país para estreitar lazos no eido turístico e coñecer de primeira man as características e perfil do turismo emisor chinés. Unha reunión que serviu tamén como primeiro contacto de cara á celebración do Ano de Turismo China Europa, que se celebrará en 2018.
Durante o encontro, a responsable de Turismo da Xunta reuniuse co director xeral e o director axunto de Márketing e Cooperacion Internacional da CNTA, Liu Shijun e Feng Litao, para presentar gran parte do potencial turístico de Galicia para os visitantes chineses, afondando en cuestións como os recursos naturais galegos, a gastronomía, o Camiño de Santiago ou experiencias turísticas singulares como a Ruta da Camelia, entre outras.
Ruta da Seda e Camiño de Santiago
A reunión serviu para obter, da man destes representantes da administración turística da China, unha visión do turismo emisor deste país cara a Galicia e poder mellorar a súa experiencia turística na Comunidade. Tamén se afondou en cuestións como a posibilidade de estreitar lazos de colaboración institucional, de cara á celebración en 2018 do Ano de Turismo China Europa, sobre todo no que respecta á Ruta da Seda e ao Camiño de Santiago.
Por último, a axenda de Turismo de Galicia na China incluíu hoxe un encontro coa presidenta da Asociación de Galegos na China, Ana M. González. Estes encontros están enmarcados na viaxe institucional da Xunta de Galicia que se está a levar a cabo durante toda esta semana no país asiático, coa intención de tender pontes institucionais no eido turístico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149