PROVINCIA
PortAmérica cambia a súa ubicación para celebrarse en Caldas de Reis
Será os días 13, 14 e 15 de xullo.
![[Img #33201]](upload/img/periodico/img_33201.png)
Desenvólvese desde hai cinco anos. Durante este lustro o certame, que tende pontes entre a cultura europea e americana, converteuse nun dos festivais Rías Baixas máis consolidados. Este ano PortAmérica cambia a area de Nigrán polo terreo de Caldas de Reis, unha vila termal anfitrioa, ademais, do decano destes certames: o Cultura Quente.
Entre o 13 e o 15 de xullo PortAmérica ofrece un completo menú musical, cultural, gastronómico e de lecer. Faino seguindo o ronsel das súas anteriores edicións, que pecharon cada ano coa satisfacción de elevar ao redor dun 25 % a súa asistencia. Desta maneira, os ritmos europeos, españois e lationamericanos soben ao escenario de PortAmérica.
Estas fórmulas aséntanse este ano na Tafona (Caldas de Reis) para gozar da música de artistas coma Xoel López, Porter, Iván Ferreiro, Illya Kuryaki & the Valderramas, Kase O, Niños Mutantes, Los Amigos Invisibles, Depedro, Novedades Carminha, Triángulo de Amor Bizarro, Siddhartha, Carlos Sadness, BNegão & Seletores de Frequência, Montefusco, Indios, Ángel Stanich, Orkesta Mendoza, Mateo Kingman ou Rufus T. Firefly, os primeiros confirmados para esta sexta edición.
No ámbito culinario PortAmérica organiza cada ano showrockings a cargo de xefes de cociña internacionais con estrelas Michelin, cunha ampla representación local, que fan gozar os asistentes con petiscos únicos creados especialmente para o certame coa exaltación dos manxares de Galicia. Ademais dunha experiencia para os sentidos, o festival reúne algúns dos mellores cociñeiros do mundo e estudantes de escolas de hostalería, fomentando así unha formación colaborativa única. Con iso, unha vez máis, o evento vincula os produtos galegos con ingredientes de todo o mundo. Estas accións fixeron o certame merecedor do Premio Fest 2015 ao festival con mellor zona de restauración, e conta cunha candidatura, por terceiro ano consecutivo, na mesma categoría dos Premios Fest 2016.
En só unhas semanas A Tafona converterase en epicentro dun programa pensado para toda a familia. Gozar e compartir afeccións é a proposta desta nova edición, na que concertos e actividades gratuítas se suceden durante tres días, desde as 12:00 ata as 17:00 horas. Espectáculos de animación, todo tipo de obradoiros, actividades para os máis pequenos e pequenas ou proxectos musicais son algúns dos ingredientes que PortAmérica leva a Caldas nun evento no que as persoas maiores serán tamén protagonistas, pois para elas haberá propostas específicas de música tradicional e popular na xornada de clausura.
Desenvolvido en plena natureza, PortAmérica é, ademais, un festival respectuoso co medio ambiente que, ao tempo, se configura como un espazo para a reflexión e o diálogo en materia de igualdade de xénero.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180