Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 04 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Cultura Quente en Caldas de Reis

Celebrarase os días 7 e 8 de xullo.

 

De todos os festivais de Galicia, Cultura Quente pode presumir de ser o decano. O seu escenario acolle numerosos artistas desde 1998. Moitos deles, internacionais, levaron o nome da Comunidade por todo o mundo.

 

Este festival está ligado a Kaldarte, actividade inaugural pioneira en Galicia tanto polo seu formato coma pola súa xestión. En colaboración coa Facultade de Belas Artes, esta intervención achega actuacións artísticas que, coa participación cidadá, toman as rúas desde hai anos.

 

Xunto a Kaldarte, a Feira do Viño é outra proposta sempre presente no certame. Durante tres días os caldos con Denominación de Orixe Rías Baixas mestúranse con actuacións musicais ao aire libre, de modo que a maridaxe de viños, a música en directo ou un concurso de catas instalan a cultura vitivinícola no espazo festivaleiro.

 

O río e unha carballeira centenaria conforman o marco no que se desenvolve o festival. Nado como un certame popular a prezos accesibles, Cultura Quente está destinado a persoas novas e non tan novas. A música é o nexo de unión entre todas elas e así, a través dos anos, este evento converteuse nun exemplo de consolidación e crecemento sostido. A iso contribuíron tanto as propostas locais e nacionais das primeiras edicións coma aquelas que deron cabida a outras internacionais da man de artistas convertidos en auténticos embaixadores de Galicia.

 

O panorama musical do Cultura Quente fala por si mesmo. En Caldas de Reis pode escoitarse desde rock a electrónica, pop, indie ou hip-hop. Comeza a conta atrás para a próxima edición, que terá lugar no mes de xullo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.118

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.