PROVINCIA
Cambados celebra a Festa da Cidade Europea do Viño
Cambados 9 de setembro.

Oito… máis un. Este ano o festival Cidade Europea do Viño pechará ao grande o programa de festivais Rías Baixas e será un dos momentos cume dos actos da vila do Salnés como Cidade Europea do Viño 2017. O evento nace como unha edición especial para conmemorar a capitalidade vitivinícola internacional do municipio, a modo de guinda musical aos festivais Atlantic Fest, Cultura Quente, PortAmérica, Sinsal, Vive Nigrán, SonRías Baixas, O Marisquiño e Revenidas.
A cita terá lugar o 9 de setembro nun escenario de excepción: a emblemática praza de Fefiñáns. O cartel musical, por agora unha incógnita, complementarase con outras actividades, principalmente relacionadas coa cultura do viño, e estará maridado coa exquisita e variada gastronomía das Rías Baixas.
O festival é un dos acontecementos máis importantes do amplo programa de actos de Cambados Cidade Europea do Viño 2017, que inclúe case un centenar de actividades e cuxo calendario ten outra data clave: a Festa do Albariño, declarada de Interese Nacional e que aspira a converterse en internacional. Showcookings, rutas entre viñedos, xornadas para profesionais e obradoiros para nenas e nenos son algunhas das iniciativas que se desenvolverán ao longo do ano na localidade.
Cambados está no centro do mapa vitivinícola europeo e o brinde musical chegará o 2 de setembro co festival. Un brinde con albariño Rías Baixas, por suposto, cualificado como "o príncipe dos viños galegos" por Álvaro Cunqueiro, quen o definiu como "limpo, nostálxico e pálido como un duque de Aquitania".
A Deputación de Pontevedra apoia a capitalidade vitivinícola de Cambados con diferentes iniciativas no ámbito da cultura, o deporte, o turismo, a igualdade, o patrimonio e o medio ambiente. Ademais de patrocinar o festival, do mesmo xeito que os demais eventos do circuíto Rías Baixas, a institución desenvolve en Cambados, en distintas datas, foros e xornadas sobre o papel da muller na viticultura, a final feminina da Copa Deputación de Fútbol, unha ruta polos principais puntos de interese da localidade e un itinerario entre viñedos para persoas con diversidade funcional, entre outros actos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149