PROVINCIA
SonRías Baixas chega a Bueu esta fin de semana
Os días 3, 4 e 5 de agosto.

Boa música, gastronomía e praia. Con este cóctel infalible preséntase SonRías Baixas, festival que se desenvolve a primeira fin de semana de agosto en Bueu –municipio da península do Morrazo–, cun variado elenco de artistas e bandas galegas, nacionais e internacionais de calidade.
O cartel da próxima edición é de altura. O grupo Estopa, paladín da rumba rock, actuará no SonRías, e os arxentinos Todos tus Muertos, iconas da música latinoamericana, volven reunirse sobre o escenario. Amparanoia chega no vinte aniversario do seu primeiro álbum, e a galega SES mostrará o seu combativo repertorio. O sevillanos Narco poñen o metal, rock e rap, mentres que o cantante de El Puchero del Hortelano, Arco, trae o seu pop-rock de acento flamenco. Mad Professor, Guerrera, Zoo, Pedrá –banda de tributo a Extremoduro–, Dakidarría e Dubioza Kolektiv completan o programa anunciado.
O festival tamén ofrece menú gastronómico, cun espazo no que os músicos cambian os instrumentos polos fogóns ao ritmo do son en directo. Na pasada edición desta orixinal proposta, o chamado RockChefs, participou máis dun milleiro de persoas.
O SonRías ten lugar nunha contorna paradisíaca, con impresionantes praias –algunhas a apenas cen metros do recinto e a zona de acampada–; espectaculares espazos naturais coma cabo Udra, integrado na Rede Natura 2000; e A illa de Ons, que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, a tiro de pedra en transporte marítimo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149