Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 23 de Agosto de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Vive Nigrán un festival de estrea

Nigrán 26 e 27 de agosto.

 

De estrea. Así se atopa Nigrán, que dará a benvida en pleno verán a un novo festival, que vai máis alá deste concepto. A proposta de Vive Nigrán é transversal. E a súa finalidade, unha soa: pasar un tempo agradable en compañía de amizades ou familia.

 

Este primeiro festival de cultura creativa e musical terá música. Por suposto. En directo. Pero proponse moito máis, pois para o evento configurouse unha serie de experiencias que lle permitirán á persoa visitante vivir Nigrán no sentido máis amplo do termo.

 

Que propón? De todo un pouco. As persoas participantes terán á súa disposición desde xogos ao aire libre ata unha grande oferta culinaria. Vive Nigrán segue o camiño, tan actual, dos foodtruck, e achégalle a gastronomía máis variada ao público que, os días 25 e 26 de agosto, se reúne en Praia América.

 

Un market, concertos para todos os públicos ou deejays debuxan así un picnic pop festival, unha filosofía e un estilo de vida para vivir intensamente Nigrán desde a mañá ata a noite.

 

E todo iso nun espazo inmellorable: fronte ao Atlántico, coa area máis fina aos pés e unha praia das máis aplaudidas de todo o litoral galego. Extensa, acolledora e de augas case transparentes, Praia América seduce verán tras verán.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.