NIGRÁN
O Concello de Nigrán adhírese ao proxecto 'Ciudad Ciencia' promovido entre CSIC e Obra Social “la Caixa”
Permitirá que o municipio conte cun espazo virtual con obradoiros de participación cidadá, así como actividades de divulgación científica presenciais en múltiples formatos.
![[Img #33204]](upload/img/periodico/img_33204.jpg)
O Concello de Nigrán ven de adherirse a 'Ciudad Ciencia', un proxecto de divulgación científica do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Obra Social “la Caixa” cuxo fin é que os habitantes de localidades de tamaño medio coñezan de primeira man a actualidade científica e tecnolóxica de xeito ameno e sinxelo. Nigrán pasa a formar parte, deste xeito, da corentena de municipios de toda a península que dende marzo de 2012 se foron unindo a este proxecto.
"A partir dunha serie de indicadores territoriais, educativos, sociais e culturais seleccionaron Nigrán como candidata a formar parte deste rede de 'Ciudad Ciencia' e aceptamos inmediatamente a proposta ao tratarse dunha oportunidade única de promover entre a veciñanza o interese pola Ciencia, Tecnoloxía e Innovación", resume o alcalde, Juan González.
'Ciudad Ciencia' achegará actividades de divulgación científica en múltiples formatos (exposicións, conferencias, visitas a centros de investigación, etc.) que se incorporan á programación cultural i educativa de Nigrán, así como unha gran variedade de obradoiros creados por investigadores do CSIC que poderán ser presenciais ou online. Ademáis, haberá actividades que faciliten a interacción e o diálogo cos científicos e as científicas (charlas, clubs de lectura, talleres, etc.) e sempre que sexa posible, a programación tratará de responder ás demandas que os veciños fagan chegar ao proxecto a través do Concello.
Actualmente forman parte 40 localidades de toda a península. "É unha oportunidade única de promover entre a veciñanza o interese pola Ciencia, Tecnoloxía e Innovación", resume o alcalde, Juan González"
'Ciudad Ciencia' implica realización de accións especificamente dirixidas a estudantes de Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional, que se desenvolven tanto en centros de ensino como noutros escenarios (visitas guiadas a centros de investigación, teatro científico, talleres, etc.). Neste ámbito, unha das estratexias é apostar por proxectos que implican ao alumnado ao longo de varios momentos do curso escolar.
Algúns dos talleres presenciais que se desenvolven tratan temas como a astrobiología ou a violencia de xénero e outros poñen a proba a capacidade degustativa ou olfativa dos participantes por medio da realización de catas. Pola contra, os talleres online abarcan diversas temáticas e permiten aos cidadáns elaborar un mapa das plantas da súa cidade ou facer un horto onde aprender, a través do método científico, conceptos de agricultura sustentable.
"A formación científica da que se impregne a veciñanza de seguro que posteriormente terá repercusións moi positivas non só na carreira laboral e estilo de vida dos participantes avezados, se non no propio coñecemento e posta en valor da nosa contorna", sintetiza o rexedor.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149