TOMIÑO
Os Alevíns e Cadetes da AD Tomiño foron recibidos no Concello
A AD Tomiño celebrou as cinco copas obtidas na temporada.
![[Img #33234]](upload/img/periodico/img_33234.jpg)
Logo de obter sendos dobretes de liga e copa, os Cadetes e Alevíns da AD Tomiño foron recibidos oficialmente no Concello de Tomiño pola Alcaldesa Sandra Gonzalez e o Concelleiro de deportes Ismael Troncoso.
No acto, ao que asistiron xogadores, corpo técnico, representantes da directiva e un bo número de pais e nais que non quixeron perderse o momento; tamén se recoñeceu aos Prebenxamíns da AD Tomiño e o seu subcampionato de Copa.
O adestrador dos Cadetes, Jesús Cabezas salientou como o máis importante o bo traballo durante toda a temporada dos seus xogadores que deu como froito a consecución dos dous títulos xogados.
Pola súa parte, o Presidente da AD Tomiño, José Manuel Copero, quixo estender o recoñecemento a todos os xogadores, adestradores e directivos do club que, contribúen día a día ao crecemento da AD Tomiño. Tamén agradeceu ao Concello o apoio institucional e económico que fai posible que o club siga ano tras ano sendo unha referencia no fútbol base da zona.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149