Viernes, 10 de Octubre de 2025

Xornal21
Domingo, 18 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

I concurso de embelecemento de balcóns/ventás e fachadas da vila de Gondomar

Dentro do plan executivo da Concellería de Turismo e Comercio engadir un plus de atractivo ás rúas da  vila, para veciños e visitantes da xeitosa Vila do Conde de Gondomar, o  Concello convoca o I CONCURSO DE EMBELECEMENTO DE BALCÓNS/VENTÁS E FACHADAS DA VILA DE GONDOMAR.  Verán 2017.

 

Mediante este concurso, pretenden poñer en valor os beneficios estético-ambientais da recuperación dos balcóns e ventás como elementos vivos da Vila, porque detrás de cada balcón ornamentado existe unha contribución cidadá á mellora estética dunha rúa ou dun edificio, á mellora da calidade ambiental e, sobre todo, á mellora da relación veciño/a-entorno urbano a través dunha persoal aportación artística que podemos desfrutar todos e todas, tanto veciños/as como turistas.

 

Poderá participar no concurso toda persoa propietaria ou arrendataria de vivenda con balcón ou ventá que reúna as condicións necesarias para ser decorado, sen que a actividade decorativa supoña un perigo para a integridade da persoa mesma nin das persoas viandantes. Asemade, a ventá ou balcón e fachada obxecto de decoración deberá atoparse dentro do Casco Urbano de Gondomar.


As inscricións deberán realizarse segundo modelo normalizado (Anexo I, Folla de inscrición) no Rexistro do Concello.


A data límite de inscrición será o día 9 de xullo de 2017. Facilitarase un distintivo (lazo azul con número) a cada participante, que deberá ser exhibido nun lugar visible en tódolos balcóns/ventás que participen.

 

DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO
O concurso celebrarase durante o mes de xullo do ano 2017, período durante o que o Xurado realizará visitas periódicas.

 

Os elementos utilizados para a ornamentación dos balcóns e fachadas déixanse á libre elección dos veciños e das veciñas, pero sempre respectando as vías, as beirarrúas e as entradas ás vivendas doutros veciños/as. Deberá estar perfectamente amarrado á estrutura do balcón calquera elemento colgante que puidese precipitarse por efecto do vento, sen que a súa localización poña en risco a seguridade. En todo caso, a persoa responsable inscrita no concurso farase responsable de calquera accidente orixinado pola caída dalgún elemento ou parte deste á vía pública.

 

Os balcóns e fachadas terán que estar engalonados antes do día 10 de xullo de 2017.  Os balcóns ou ventás ou fachadas deberán permanecer adornados ata o día 31 de xullo de 2017.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.