Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 21 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Escola de Cantería expón no Casal de Ferreirós os traballos elaborados polo seu alumnado.

Ata o día 30 poderanse ver no Casal de Ferreirós 39 obras do alumnado da Escola de Cantería realizadas en granito, madeira e escaiola.

Desde fai máis de 38 anos a Escola de Cantería realiza, ó remate do curso, unha exposición dos traballos elaborados polo seu alumnado. Este ano, no Casal de Ferreirós, e ata o 30 de xuño, poderanse ver 39 obras en granito, madeira e escaiola que amosan o traballo de modelado, positivado, baleirado, corte, pulido e fundición que elaboran as alumnas e alumnos nas diferentes materias que imparte a Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra.

 

A exposición, foi inaugurada polas deputadas provinciais Montse Magallanes e Chelo Besada xunto ao alcalde de Poio, Luciano Sobral, inclúe obras de Yeison Pérez, Raúl Moreno, José Gómez, Alessandro Rosales, Manuel Tosar, David Fernández, Alexandre Martínez, Adrián Besada, Valeri Yordanov, Daniel Moreira, Paulo Alves, Esteban Casas, José Manuel Arca, José Manuel Mosteiro, Víctor Manuel Casal, Daniel Acuña, Gabriel Miralles e Cristian Jabois.

 

Na actualidade cursan os seus estudos na Escola de Cantería un grupo de 41 alumnas e alumnos que rematarán o 23 de xuño. O vindeiro curso 2017/2018 comezará a principios de setembro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.14

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.