GALICIA
Sanidade intensifica as inspeccións aos establecementos de restauración colectiva de cara ao verán
Ata o 30 de xuño vanse inspeccionar arredor de 3.000 establecementos, no marco dunha campaña especial.
A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, reforzará as actividades ordinarias de control oficial nos establecementos de restauración colectiva, tal e como xa fixo na pasada Semana Santa. O motivo desta campaña é verificar que estes establecementos cumpren coa normativa vixente e deste xeito, garantir aos cidadáns o servizo máis seguro posible de cara ao verán.
Esta campaña especial realizarase ata o 30 deste mes e estará destinada a reforzar as inspeccións en todos os establecementos de restauración social, establecementos de restauración comercial con comedor independente (restaurante, cafetería, buffet-autoservizo, servizo a domicilio, comida rápida, etc.), e establecementos de restauración comercial sen comedor independente ( os que serven tapas, racións ou pinchos); e tamén naqueles establecementos non rexistrados que se detecten no transcurso da campaña.
Nesta ocasión será o 100% dos inspectores totais de cada zona veterinaria os que realizarán estes controis oficiais fronte ao 80% que o fixo en Semana Santa.
O 100% dos inspectores totais de cada zona veterinaria realizarán estes controis oficiais
Os inspectores comprobarán específicamente as condicións xerais de hixiene dos establecementos, a rastrexabilidade das materias primas empregadas (provedores autorizados e rexistrados), a non utilización de envases recheables (aceite ou augardente), e a verificación da orixe e etiquetado de bebidas alcohólicas así como a correcta información alimentaria facilitada ao consumidor. Nesta ocasión inclúese unha novidade respecto á campaña de Semana Santa que é a do adecuado etiquetado dos moluscos. Tamén se continuará verificando e actualizando os datos do Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (REGASA) no que, dende outubro do ano 2012, deben estar inscritos todos os establecementos de venda polo miúdo.
Resultados da Semana Santa
Durante a campaña de Semana Santa revisáronse 3.128 establecementos, dos que 1.303 foron de restauración colectiva sen comedor, 1.419 de restauración colectiva con comedor independente, e 406 de restauración social. No transcurso desta revisión, Sanidade detectou que preto de 2.000 establecementos censados deran de baixa a súa actividade. Concretamente 1.907 dos 21.849 que estaban dados de alta no censo a 1 de xaneiro de 2017.
Os establecementos inspeccionados foron un total de 1.221, 370 de restauración colectiva sen comedor, 776 de restauración colectiva con comedor independente e 75 de restauración social. Deles, 663 cumprían os requisitos, repartidos nun total de 214 locais de restauración colectiva sen comedor; 382 de restauración colectiva con comedor independente e 67 de restauración social. Con incumprimentos detectáronse 558, 156 de restauración colectiva sen comedor, 394 de restauración colectiva con comedor independente e 8 de restauración social. As medidas tomadas incluían 457 requerimentos para enmendar as non conformidades; 25 suspensións cautelares da actividade; 18 inmobilizacións de produto e 23 expedientes sancionadores.
Os incumprimentos máis frecuentes foron os referidos ás condicións hixiénico sanitarias dos establecementos (33%); ao censado incorrecto no Regasa (31%); á trazabilidade do produto (14%); á información proporcionada ao consumidor, principalmente referida aos alérxenos (9%); e pola utilización de envases recheables de aceite ou augardente nos establecementos (8%).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149