Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 21 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Éxito da III exposicón artística organizada pola asociación MMRR "Tempo Gañado" de Salvaterra

[Img #33378]

 

O días 10 de 11 de xuño, tivo lugar a III exposición artística organizada pola asociación de MMRR "Tempo Gañado" de Salvaterra nas instalacións do Concello coñecidas como as Minas de Dona Urraca, dentro do recinto amurallado, coincidindo coas festas locais do Cristo.


A exposición contou coa participación dalgunhas das alumnas do curso de artes que oferta a asociación e cos traballos de dúas rapazas locais, Fátima Rodríguez e @Srta_Annie, estudantes de BBAA en Pontevedra ademáis do coñecido o pintor e escultor mosense, Severiano Lago Palmero.


[Img #33375]A exposición contou cos obras moi variadas feitas en distintas técnicas artísticas, xa que había cadros en óleo, pastel, carboncillo, sanguina e lápiz, ilustración en tinta, fotografía e escultura.


A mostra tivo moi boa acollida e foi visitada por perto de medio millar de persoas. Os críticos sorprendéronse moito coas variedade de técnicas, que según comentaron fixo que a visita fora moi amena e entretida.Os visitantes tiñan á súa disposicion un libro de onde podían escribir a súa impresión do que viran, deixar algunha suxerencia ou simplemente asinar.


Un ano mais, sorprendeu a obra da alumna Patricia Vilas, rapaza que maiormente dedícase á pintura figurativa. O resto de alumnas expuxeron óleos agás, Ana G. Cives que levou unha mostra  en preto e branco da súa colección fotográfica "Edimburgo".


Pola súa banda Fátima Rodríguez achegou unha serie fotográfica chamada "Fogar e Anatomías" e un álbum de fotos analóxico que tamén gustou moito.


"Srta_Annie, atreveuse con ilustración en tinta de personaxes de comic, que tamen tiveron moi boa acollida, sobre todo o público mais novo e amantes de marvel e anime.


Severiano Lago Palmero, achegou unha serie de esculturas e pinturas figurativas realistas, algunhas delas impactantes, tanto polo tamaño como pola calidade, xa que moitos visitantes preguntaron se os seus cadros eran fotografías ou se realmente estaban pintadas.


A sala estivo ornamentada por unha serie de arreglos florais feitos por Dona Estrella Ambrosio Werhahn.

 

[Img #33382]

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.