Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21
Sábado, 24 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
MOTOR

Cos Berlingo e Jumpy isotermo e 4x4 Dangel Citroën estrea gama de transformados

[Img #33386]

 

Desde sempre, Citroën foi e é unha referencia no mercado de vehículos comerciais. Algo posible grazas á súa completa gama de modelos que non deixa de evolucionar para dar a mellor resposta tanto a particulares como a profesionais e empresas. A mellor proba diso é esta nova gama de vehículos transformados.

 

Berlingo e Jumpy Isotermo
Para todos aqueles que necesiten contar no seu vehículo cunhas condicións de temperatura específicas, Citroën pon á súa disposición os Berlingo Furgón Isotermo e Jumpy Furgón Isotermo transformados e homologados en 2ª fase. Con esta transformación ambos os comerciais dispoñen dunha zona de carga recuberta dun material illante que limita os intercambios de frío e calor entre o interior e o exterior. O chan da zona de carga é, ademais, antiescorregadiza.


As versións Isotermo desenvólvense sobre a base dun Furgón BlueHDi 100, no caso do Berlingo, e dun Furgón BlueHDi 120 6v, no Jumpy. Ambos destacan por compartir axudas á condución que fan máis fácil a tarefa a quen conduce e que favorecen o confort, como a axuda á saída en pendente (Hill Assist) ou o regulador e limitador de velocidade. Ademais, dispoñen de aire acondicionado, Bluetooth e toma USB, así como diversos ocos para gardar obxectos e dúas portas traseiras batientes en chapa que teñen unha apertura de 180°. Para facilitar aínda máis o acceso e a carga, este último conta tamén coa porta lateral dereita deslizante.

 

Jumpy 4x4 Dangel
Coas súas versións 4x4 desenvolvidas por Dangel, Citroën ofrece vehículos de tracción total ou con características ?off road? tanto para aventurer@s como para empresas e profesionais que necesitan saír do asfalto para desenvolver o seu traballo. Dispoñible en versión Combi e Furgón, o Jumpy 4x4 Dangel incorpórase a unha gama que xa contaba cos Berlingo 4x4 Dangel.


O sistema 4x4 pode adaptarse ao Jumpy Furgón BlueHDi 120 6v Confort e, ao BlueHDi 150 S&S 6v Confort na silueta Combi. Do mesmo xeito que nas versións Isotermo, ambos destacan por dispoñer de axuda á saída en pendente (Hill Assist), regulador e limitador de velocidade, Bluetooth e toma USB, así como diversos ocos para gardar obxectos.


Non hai que esquecer, ademais, a modularidad do Jumpy Combi 4x4 Dangel que pode dispoñer de ata 8 prazas e que conta con asentos abatibles tipo libro na segunda e terceira fila. Ofrece, ademais, kit mans libres, climatizador automático bizona e climatización adicional traseira con difusores no teito, entre outros equipamentos.


Para afrontar os terreos máis difíciles, todos incorporan un reforzo da motricidad, unha suspensión sobreelevada e protección do motor, entre outros elementos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.