Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 25 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación achega 200.000 euros para a investigación na prevención dos incendios forestais

O proxecto permitirá desenvolver os sistemas para procesar os datos de satélites e drons no control de especies invasoras no sector agro-forestal.

[Img #33399]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou esta semana no Pazo provincial un convenio de colaboración entre a institución provincial e a Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia (CINAE) co presidente do seu Padroado e Reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato de la Iglesia, que ten por obxecto desenvolver a investigación tecnolóxica que permita usar as informacións de satélites e drons en usos agro-forestais como o control e prevención dos incendios forestais.

 

Cunha achega situada en 170.000 euros, a institución provincial deste xeito colaborará ao longo deste ano 2017 e do vindeiro 2018 nunha serie de accións que teñen como obxectivo contribuír á mellora ambiental coa prestación de servizos ao sector agro-forestal no control de especies invasoras que aumentan a combustibilidade dos nosos montes. Carmela Silva sinalou que “deste xeito, a Universidade de Vigo vai poder desenvolver un sistema de control e  atención temperá coa que poderá controlar vía satélite estes drons” co obxectivo de que “sobrevoen e poidan controlar as zonas de incendios para, cuns detectores infravermellos, detectar novos focos de lume e, ademais, delimitar os perímetros dos incendios con datos básicos para os servizos de extinción”.

 

A Presidenta provincial, Carmela Silva, asegurou que “para min é unha grande satisfacción poder asinar convenios que teñen o punto de mira no beneficio da nosa cidadanía e, ademais, cunha temática tan interesante como é a prevención dos efectos nefastos que provocan no noso territorio os incendios forestais”. Carmela Silva lembrou que “é moi importante seguir apostando pola investigación na aplicación das novas tecnoloxías, que as veces nos sonan a ciencia ficción, pero as cales xa son unha realidade e poden aportar grandes vantaxes para toda a cidadanía”.

 

As accións que terán lugar ao abeiro deste convenio buscarán desenvolver as tecnoloxías que utilizan o procesado de datos procedentes de satélites, drons (RPAs) e sensores para poder intervir nos sectores medioambiental, agro-forestal e mariño.

 

Deste xeito, as tecnoloxías resultantes poderán ser empregadas no eido da prevención e no control dos incendios forestais e das especies invasoras localizadas nas zonas forestais, húmidas e de dunas da contorna mariña que, pola súa combustibilidade, xogan un importante factor á hora de espallar o lume. Con estas tecnoloxías, ademais, poderanse optimizar os recursos destinados a esta materia desde as institucións públicas, unhas cifras moi importantes xa que, ano tras ano, a prevención e extinción de incendios teñen orzamentos cifrados en centos de millóns de euros.

 

Por outra parte, a Presidenta e o Reitor, tamén asinaron outro convenio pola que a Deputación aporta 4.500 euros para becar a tres mulleres menores de trinta anos egresadas en Comercio Internacional para participar nunha visita a industria pesqueira islandesa, á Icelandic Fishieres Exhibition e ao congreso da Economía Azul que se celebra en setembro na capital islandesa. O proxecto pretende favorecer a inclusión da muller entre os directivos do sector da pesca de Galicia abrindo unha ponte entre a formación universitaria e o coñecemento das experiencias do mesmo sector nun país puxante en materia pesqueira.   

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.153

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.