O PORRIÑO
Un total de 150 rapazas e rapaces disputan o II Torneo Escolar de Xadrez do Porriño
![[Img #33406]](upload/img/periodico/img_33406.jpg)
Un total de 150 rapazas e rapaces participaron no II Torneo Escolar de Xadrez do Porriño que se disputou este ano no CEIP Fernández López entre xogadoras e xogadores de 6 a 16 anos, todos eles alumnas e alumnos de centro educativos do Porriño.
O Campionato xogouse segundo o sistema suíza, a 5 rondas, resultando gañador do mesmo, Anxo Castaño Otero, que repetiu o título conquistado o ano pasado, seguido de Lucas Represas, Nicolás Teixeira, Rocío Fernández e Raúl Rodríguez.
Por centros, o primeiro posto foi para o IES Ribeira do Louro, con 62 puntos, en segunda posición o CEIP de Atios, con 60.5, a terceira praza foi para o CEIP Antonio Palacios, con 52, seguido do CPR Hermanos Quiroga (46), CEIP Fernández López (39,5); CEIP Cruz Budiño (35), CPI da Ribeira (10,5) e IES Pino Manso (8,5).
A concelleira de Educación, Lourdes Moure, fixo entrega dos premios aos primeiros clasificados e pechou o torneo amosando a súa satisfacción porque “o mesmo chegase a 150 participantes, o que amosa a boa acollida que está a ter o xadrez”, felicitou a todas e todos os xogadores, “porque sodes vos o que facedes posible que este torneo sexa hoxe unha realidade e que mesmo O Porriño empece a ter relevancia no eido deste deporte, a nivel de Galicia”.
A concelleira non quixo confirmar qué centro será a sede do campionato do ano que ven,aínda que deu unha pista ao afirmar, entre os aplausos dos participantes que “o Antonio Palacios soa con forza”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.17