GONDOMAR
A paralización de postos na Praza de Abastos impide que Gondomar poida recibir subvencións
Gondomar non poderá obter subvencións para seguir avanzando na consecución de novos standares de calidade para ter un mercado de excelencia.
Na convocatoria de subvenvións para os Concellos, publicada no DOG o 27 de abril, establece requisitos que non pode cumprir pola paralización arbitraria do proceso de adxudicación de Postos da Praza de Abastos. A Xunta ofertaba 700.000€ na convocatoria do 2017.
Das dúas liñas de subvención abertas: unha é para mercados de excelencia dos que Gondomar está lonxe de acadar os criterios de calidade requeridos.
Dede o concello sinalan que "de non ter suspendido o proceso de adxudicación. Gondomar podería ter aumentado a porcentaxe de ocupación da praza, e diversificado a súa oferta, tal como se establece para obter o Selo de Concello ou Mercado de excelencia".
Para poder acceder a segunda liña a situación de ocupación parcial, interinidade, incerteza legal non permite establecer cos titulares provisorios un plan global de actuacións consensuadas en interiorismo, implantación de novos sistemas de comercialización, información ao consumidor, utilización de redes sociais, mellorar a presentación....
"Dentro da desexable articulación social, organización sectorial e procura de autonomía de acción sería desexable que se constituísen asociacións de persoas praceiras, ou cooperativas de persoas praceiras que mesmo poderían acceder directamente a subvencións" explican.
O Concello de Gondomar debe abordar urxentemente a modernización e innovación da súa Praza de Abastos. Incrementar o seu atractivo, procurar a diferenciación e a súa identificación coa calidade e o prestixio.
Para o concello "non é facil conseguir o Selo de Excelencia, moitos son os riquisitos avaliables: ocupación, diversificación, calidade do producto, homoxenización da vestimenta, accesibilidade, interiorismo, postos informativos, condicións hixiénico sanitarias, xestión dos residúos, iluminación, climatización, limpeza, estado das cámaras frigoríficas, embalaxes, etiquetados, transporte público, existencia de asociacións de praceiros, existencia de mecanismos sancionadores, medidas activas para os postos vacantes, degustacións, ofertas do día, páxima web, aceptación de encargos, información dos produtos..."
"Os veciños de Gondomar merecen un Mercado de Excelencia. Para conseguilo é urxente dispor do paraugas legal (Interruptus por orde da Alcaldía) que permita porse a traballar conxuntamente coa todalidade dos praceiros definitivos nun Plan Executivo que inclúa compromisos a curto, medio e longo prazo" indican.
Por último inciden en que "sen soporte legal, nin poderemos acceder a subvencións, nin melloraremos substancialmente a calidade dos servizos da Praza de Abastos, nin á modernizaremos, nin innovaremos de acordo coas novas tendencias e hábitos de compra actuais que permitan consolidar, no tempo, a nosa praza."

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103