MOS
Moción para que o concello informe aos propietarios de bens afectados polo Camiño de Santiago
Nos últimos anos aumentaron considerablemente as alteracións, danos e agresións ao patrimonio cultural en toda Galicia. O noso concello non é alleo a esta tendencia, con varios exemplos dos que todos somos ou deberamos ser coñecedores. Dende Gañamos reconocen que "o vandalismo pode ser unha das causas pero estas agresións non sempre son voluntarias e prodúcense por descoñecemento dos propios veciños e propietarios dos bens a protexer".
A Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, no referente ás funcións de Inspección, di que ademais de vixiar e controlar o cumprimento da normativa os inspectores teñen que : (artigo 124,) d) Asesorar e informar sobre o cumprimento das normas de protección do patrimonio cultural e, en particular, informar as persoas titulares ou responsables de bens integrantes do patrimonio cultural sobre as súas obrigas.
"Sobra dicir que en Mos moitos dos propietarios descoñecen o tipo de ben que posúen e non son conscientes das súas obrigas porque non reciben ou nunca recibiron esta información, e como consecuencia desta eiva en moitos casos descoñecen que (artigo 32). Deber de conservación. As persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e, en xeral, as titulares de dereitos reais sobre bens protexidos integrantes do patrimonio cultural de Galicia, están obrigadas a conservalos, mantelos e custodialos debidamente e a evitar a súa perda, destrución ou deterioración "explican.
Engadindo que "(artig 65). Réxime de autorización nos bens inmobles catalogado. Calquera intervención nun ben inmoble incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia ou que afecte ao seu contorno de protección ou a súa zona de amortecemento, nos termos previstos nos artigos 45 e 47, necesitará a autorización previa da consellaría competente en materia de patrimonio cultural".
MULTAS PARA OS VECIÑOS
Debido ao este descoñecemento, ademais das agresións involuntarias que poida ocasionar sobre o ben en cuestión e que poden supoñer a perda do mesmo, o propietario poderá ser sancionado ao estar exposto a multas que dependen da gravidade do dano. Deste xeito moitos veciños de Mos non son conscientes ou non saben ata que punto teñen limitadas certas tarefas ou intervencións, explican citando o artigo 128) m)" A corta de arboredo ou outras transformacións da estrutura e usos tradicionais no ámbito delimitado do territorio histórico dos Camiños de Santiago sen a autorización previa da consellaría competente en materia de patrimonio cultural ou contravindo os termos da autorización concedida (infracción leve)."
Ademáis o artigo 130) k) indica que "A realización de calquera intervención no ámbito delimitado do territorio histórico dos Camiños de Santiago sen a autorización previa da consellaría competente en materia de patrimonio cultural ou contravindo os termos da autorización concedida".
Por todo elo dende Gañamos piden que "o Concello, en colaboración coa consellería de Cultura, cumpran coa obriga de informar e asesorar aos propietarios ou arrendatarios de bens de interese cultural ou catalogados para evitar máis danos no patrimonio".
Ademáios solicitan que "ao mesmo tempo se informe das obrigas e limitacións que teñen os veciños que viven ou teñen propiedades na área de influencia do camiño de Santiago".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149