SALCEDA DE CASELAS
O PP de Salceda detecta "máis actuacións nas que non se ingresou por parte do goberno municipal o importe das entradas"
O Partido Popular de Salceda informa de máis casos no 2016 nos que o Goberno Municipal de Movemento Salceda non ingresou os cartos recaudados pola venda de entradas nas Arcas do Concello.
O pasado martes 20 de Xuño, o Partido Popular de Salceda de Caselas denunciaba supostas irregularidades nas contas da Festa dos Callos 2016 ó detectar a ausencia do ingreso correspondente ó importe das entradas vendidas ós/ás veciños/as para asistir á actuación “O show de ISI” no Auditorio Municipal o 3 de Setembro.
O seu voceiro, Santiago Rodriguez Davila, explica que “continuando coa investigación, vimos de detectar tres actuacións máis en 2016 nas que tampouco se ingresaron os cartos obtidos da recaudación das entradas”. Falan os populares das actuacións no Auditorio Municipal de Batemento o 4 de Setembro (Día da Festa dos Callos), da de Vaamonde, Lamas & Romero o 6 de febrero (Entroido) e Contacontos no día das Letras Galegas (17 de Maio).
“Non é certo que a actuación de ISI fose xestionada por unha empresa privada. As entradas vendéronse única e exclusivamente na Casa da Cultura e por traballadores do Concello. Proba disto é que para outros casos, as entradas foron vendidas en diferentes locais desta localidade e das localidades veciñas” afirma Santiago Davila.
Explican os populares que “ademais, se a actuación fose xestionada pola empresa terían que darse dúas condicións previas á actuación, tal e como se recolle na Ordenanza Reguladora do Prezo Público pola utilización do Auditorio Municipal, no artigo 5, puntos 1, 2 e 3: por unha parte, o rexistro de solicitude de alquiler do auditorio e, por outra, un apunte contable no Libro Maior (Libro de Contas) correspondente ó ingreso polo alquiler do Auditorio Municipal a dita empresa. Para estas actuacións das que falamos, a diferencia de outras, non se cumpre ningunha destas condicións. Por todo isto, queda claro que foi o Concello o encargado de organizalas”.
“O que parecía un caso illado, obra dunha soa persoa, está desembocando nunha presunta trama onde as actuacións no Auditorio Municipal parecen unha suposta fonte de financiación ilegal do Goberno Municipal. Esiximos de novo ó alcalde que aclare o acontecido posto que, ata o momento, continúa sen asumir a responsabilidade dando a calada por resposta a esta grave situación. Os veciños e as veciñas queren saber ónde están os seus cartos” finaliza Davila.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149