MOS
Mos inicia a contratación da humanización de Puxeiros
Estímase que antes de que remate o verán estará iniciada a obra.
![[Img #33471]](upload/img/periodico/img_33471.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou de que foi aprobado en Xunta de Goberno Local o expediente de contratación da obra de humanización que se vai acometer na Avenida de Puxeiros, entre a glorieta da estrada Puxeiros-Mos e o acceso á Autovía A-55 no punto quilométrico 9.
Dito expediente inclúe os pregos de cláusulas administrativas particulares que se publicarán a vindeira semana no Perfil do Contratante da páxina web municipal, www.mos.es
O prazo de presentación de ofertas será de 26 días naturais a contar dende o día seguinte á publicación do anuncio no último diario oficial dos dous nos que se publicarán e que serán o Boletón Oficial da Provincia (BOP) e Diario Oficial de Galicia (DOG).
Unha vez rematado o prazo de presentación de ofertas procederase á apertura dos sobres A, B e C que deberán conter cada unha das ofertas presentadas. O sobre A deberá conter a documentación administrativa da empresa, o sobre C a oferta económica e melloras de obra e o sobre B outros criterios de execución de obra.
Dende o Concello de Mos estímase que estes trámites previos ao inicio da obra prolongaranse un máximo de tres meses, prazo tras o cal darán comezo os traballos (antes de que remate o verán). Esta obra é contratada pola administración local mosense e financiada mediante unha subvención do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Detalles da obra
A Avenida de Puxeiros é un tramo da antiga estrada nacional N-120, cedida por Fomento ao Concello de Mos. Atópase humanizada parcialmente, entre a glorieta da que parten a EP-2603 (Puxeiros-Peinador) e a EP-2604 (Puxeiros-Rebullón) e a glorieta da que parte a EP-2601 (Puxeiros-Mos).
O Concello de Mos, segundo declararon os representantes municipais Arévalo e Alonso, “está concienciado sobre a necesidade de aumentar a seguridade viaria e humanizar os tramos de vías municipais que discorren polos núcleos máis urbanos. Por iso, para dar continuidade ao tramo urbanizado existente, tomouse a decisión de realizar a humanización do tramo que vai desde a ligazón coa A-55 no punto quilométrico 9 e acaba na glorieta da que parte a Estrada Puxeiros-Mos (EP-2601) e a Rúa Ludeiro, ao norte (PK 0+468)”.
O ámbito de actuación, ao sur do tramo urbanizado da Avenida de Puxeiros, actualmente carece de beirarrúas e ten unha iluminación pobre, nun tramo cun tráfico denso, ao servir de acceso á A-55 quilómetro 9 para algúns dos polígonos industriais da zona. Por iso, para mellorar a seguridade viaria dos peóns e dos usuarios da vía, as actuacións inclúen principalmente a humanización deste tramo da Avenida de Puxeiros, mediante a ordenación de espazos. Desta forma créanse itinerarios peonís máis seguros, con novas beirarrúas (marxe oeste) e sendas a nivel (marxe este).
Así mesmo, proxéctase un novo muro de pedra na marxe oeste, para conter a citada beirarrúa. E como obras complementarias que aumentan a seguridade viaria incluiranse a mellora da iluminación (farois con leds de baixo consumo), adecuación da drenaxe aos novos pavimentos, creación dunha mediana que se axardinará para urbanizar esta contorna, execución de pasos de peóns elevados e nova sinalización horizontal e vertical, entre outras.
O investimento previsto é de 261.858 euros e o prazo de execución prevese en 3 meses.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149