NIGRÁN
O Concello de Nigrán celebra o domingo dez anos de 'Patos Surfing Day'
Esta iniciativa, que pretende divulgar a cultura surf, celébrase de xeito conxunto en 31 países do mundo.
![[Img #33478]](upload/img/periodico/img_33478.jpg)
Por décimo ano consecutivo o Concello de Nigrán, en colaboración con Patos Surf Club, organiza o Surfing Day 2017, que se celebrará con motivo do Día Internacional do Surf na praia de Patos o domingo 25 de xuño entre as 9.30 e as 20.00 horas. Esta xornada ten como obxectivo promover o surf e a súa cultura, coincidindo a apertura da tempada estival. Durante este día, o club patos presentará ao público a cultura e o deporte do surf a través de cursos, obradoiros e diferentes actividades completamente gratuítas, así como dar a coñecer e compartir valores de convivencia e respecto ao medio ambiente. Esta iniciativa ten como fin a promoción do surf a nivel mundial e participan nela de forma conxunta 31 países, con máis de 3.000 actividades e uns 30.000 participantes en total.
Entre as actividades do Surfing Day 2017 destacan cursos gratuítos de surf, seminarios de fabricación artesanal de táboas, uso gratuíto do material, inchables para nenos, talleres de pintura, zumba,test de táboas de surf, yincanas, música en directo, exhibicións de flyboard, e moitas sorpresas máis.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149