TUI
Acondicionadas as praias de Areeiros en Guillarei e O Penedo en Caldelas para época estival
Tamén se preparou o Pozo Baqueiro en Rebordáns.
![[Img #33479]](upload/img/periodico/img_33479.jpg)
As praias de Areeiros en Guillarei e do Penedo en Caldelas están xa perfectamente acondicionadas para a temporada de baño 2017. Ao longo das últimas semanas o Concello de Tui procedeu ao limpado destes espazos, e acondicionou os accesos. Estes labores concluíron coa colocación de aseos públicos, por segundo ano consecutivo na praia do Penedo, e coma cada verán na praia de Areeiros onde tamén foi instalado o quiosco da temporada estival. Amais reparouse a pasarela de madeira que da acceso ao pantalán substituíndo os troncos e viguetas que estaban deteriorados. Lembran dende o concello a prohibición de acceder con animais á praia e de tirar cabichas.
A auga destas dúas praias reúne a cualificación de excelente segundo os datos das análises que periodicamente realiza a consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Por outra parte o concello de Tui ten realizado tamén outras actuacións noutras zonas de baño fluviais no municipio coma é o caso do Pozo Baqueiro na parroquia de Rebordáns. Neste caso, neste espazo moi frecuentado tamén nos meses de verán, realizouse unha pequena actuación na comporta da pequena presa existente mellorando este dispositivo.
Lembrar por outra parte que está abertas as piscinas municipais. Previa a súa apertura na sala de depuración substituíuse a escaleira de ferro existente por outra de aceiro inoxidable adaptada á normativa en vigor, e abriuse unha nova porta e ventás co que se conseguiu tamén mellorar a ventilación deste espazo. Xa no exterior foron colocados bicicleteiros e papeleiras de recollida selectiva. As piscinas municipais abren de luns a venres de 13 a 20h e os sábados, domingos e festivos de 12 a 20h. A entrada para adultos é de 2€, e a infantil de 1,5€.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85