Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 17 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O Conservatorio Reveriano Soutullo estrea nova cuberta

As obras de substitución da cuberta e arranxo de baños custaron arredor de 40.000€.

O conservatorio de Ponteareas conta xa cunha nova cuberta e tratamento de impermeabilización. A Concellería de Ensino ven de rematar as obras de retirada da anterior cuberta baixa para substituíla por unha nova, procedendo antes á impermeabilización do encontro da cuberta co módulo principal do edificio en todo o seu perímetro.


Así o proxectou a Oficiña Técnica Municipal do Concello de Ponteareas, pero ademáis este final de curso amén se acometerán obras nos baños e no exterior do edificio do conservatorio para erradicar as permanentes humildades ocasionadas pilas filtración de agua nos días de choiva.


A Concelleira de Ensino, Cristina Fernández, explica que “esta foi a primeira actuación neste edificio para impedir as entradas constantes de auga e humidades”.

 

 

 

 

A Concellería de Ensino contará cun estudo que permita coñecer o estado xeral do edificio para comezar a acometer as obras pertinentes

 

 

 


Fernández adianta que para o vindeiro ano agardan dispor dun proxecto que “nos permita coñecer o estado xeral do edificio e poder comezar a executar en canto sexa posible novas fases que consistirán na reposición da cuberta principal, o cambio das xanelas e a instalación dun sistema eficaz de proteción contra a luz solar”.


Ademais, a Concellería de Ensino ten como obxectivo que con estas actuacións se consega unha maior eficiencia enerxética e confort do alumnado.


“Este gobierno da así resposta ás peticións da Comunidade Educativa que durante tanto tempo solicitou melloras nas instalacións desatendidas noutras lexislaturas”.


O investimento total das obras foi de preto de 40.000€ repartidos entre o Plan de Concellos da Deputación e fondos propios.


Cristina Fernández aproveitaba para felicitar aos alumnos que acadaron algunha mención como os tres alumnos que foron seleccionados para a Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia ou os tres que participaron no concurso Mestre Soutullo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.