GALICIA
Máis de 400 novos puntos de auga para a loita contra os incendios forestais
A comunidade galega conta con preto de 6.000 depósitos para subministrar aos medios terrestres e aéreos.
![[Img #33519]](upload/img/periodico/img_33519.jpg)
A Consellería do Medio Rural leva construído nos últimos cinco anos un total de 412 novos puntos de auga para a loita contra os incendios forestais, co obxectivo de reforzar e mellorar estas instalacións que son claves no traballo dos medios terrestres e aéreos do dispositivo antiincendios de Galicia.
En total, a nosa comunidade ten repartidos 5.919 depósitos polos 19 distritos forestais. Así, na provincia da Coruña están localizados 1.696 puntos, na de Lugo 1.496, Ourense ten 1.447 e Pontevedra 1.274. Desta forma queda cuberta toda a xeografía galega para en caso preciso poder contar con diversos puntos de recollida que están ubicados en zonas estratéxicas para a defensa dos núcleos de poboación e das masas forestais.
Ademais hai que matizar que destes preto de 6.000 depósitos, 789 son só para o uso de medios aéreos. A provincia que máis ten é a de Ourense, seguida de Lugo, A Coruña e finalmente Pontevedra. Son estanques moito máis grandes para que os helicópteros, e avións de carga en terra, poidan encher os seus dispositivos.
Liña de axudas
O departamento que dirixe Ángeles Vázquez ten tamén unha liña de axudas para os montes veciñais en man común e sociedades de fomento forestal para a prevención dos danos causados nos montes por incendios, desastres naturais e catástrofes, dotada este ano con 4 millóns de euros.
Estas axudas engloban dúas liñas de subvención. Por unha parte, financia o control selectivo do combustible en áreas cortalumes, faixas auxiliares de pista, rexenerado forestal natural e a roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas de masas forestais. A segunda liña de subvención financia precisamente a construción de puntos de auga.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149