NIGRÁN
Nigrán organiza este sábado o seu primeiro campionato de scooter cos mellores rides a nivel nacional
A competición, que reunirá a uns 40 participantes en categoría master e pro, terá lugar no entorno da pista de half de Porto do Molle durante todo o día.
![[Img #33523]](upload/img/periodico/img_33523.jpg)
O Concello de Nigrán organiza este sábado no entorno da pista de half de Porto do Molle o seu primeiro campionato de scooter (patinete freestyle), unos dos poucos eventos desta disciplina en Galicia e que reunirá aos mellores rides a nivel nacional.
"Hay unha gran afección en Nigrán a este deporte urbano entre os rapaces, por iso dende o Concello queremos apoialos organizando este campionato dunha disciplina que, inxustamente, é máis descoñecida que o skate", sinala o alcalde, Juan González, quen aposta a que a competición "chegue a ser unha referencia en Galicia e, por tanto, se manteña no calendario deportivo de Nigrán". "Traballamos para crear dende o inicio un evento forte que vaia gañando aínda máis peso nas seguintes edicións", sinala Abilio Senra dende a organización.
En total, agárdase preto de medio cento de riders (nome que reciben estes deportistas) entre os que se atopa o mallorquín Borja Mauricio (décimo mellor de España), Adrián Cabanelas (entre os mellores de Galicia) e Iago Senra, principal referencia en Nigrán, onde este deporte urbán reúne a unha gran canteira de rapaces.
A competición, que contará con categoría master e pro (os máis experimentados) arrancará ás 11.00 horas con con inscricións e adestramentos durante toda a mañá para reanudarse ás 17.00 horas coas roldas clasificatorias. Agárdase que a entrega de trofeos para os tres primeiros de cada categoría se realice ás 21.30 horas.
Xunto a pista instalarase unha barra para que os asistentes poidan mercar bebidas ou comida. Ademais, entre os asistentes sortearanse diferentes regalos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149