Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 01 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PP volve a esixir á Deputación "que limpe as súas estradas que discurren polo termo municipal"

[Img #33530]

 

Un ano máis, o Grupo Municipal do Partido Popular de Ponteareas faise eco das denuncias "que nos transmiten os veciños que viven ao pé das estradas de competencia provincial que discorren polo termo municipal de Ponteareas, salientan que no que vai de ano non se limparan nin rozaran os beirarrúas e noiros destas estradas, pondo en perigo a circulación dos automóbiles, xa que as silvas e as ramas das árbores invaden a calzada, polo que os vehículos vense obrigados a circular polo centro da estrada e ao non rozar o mato, a maleza tapa os sinais verticais, pondo en perigo a circulación; ademais nas zonas máis boscosas e de monte provoca que se poidan producir lumes" segndo explican nun comunicado.

 

"Ante esta situación, xa en pleno verán, nas zonas máis urbanas, os veciños vendo que os responsables da Deputación Provincial de Pontevedra non limpan nin rozan os beirarrúas, no afán de evitar posibles atropelos e accidentes, xa que ao non cortar as silvas, a xente para poder ir ás súas leiras ou ás casas doutros veciños, teñen que andar pola propia calzada, así para evitar males maiores, en determinadas zonas, puxéronse de acordo e eles mesmos tiveron que desbrozar os beirarrúas destas zonas, para na medida do posible evitar posibles accidentes" aseguran.

 

"Cónstanos que varios veciños e representantes dos distintos colectivos parroquiais afectados pola falta de limpeza viaria da Deputación Provincial puxeron ao Alcalde de Ponteareas en coñecemento destes feitos, pero a día de hoxe os afectados non tiveron resposta e as estradas provinciais seguen sen limpar" afriman den de o PP local.

 

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.