Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 01 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán retira un niño de vespa vetulina cunha nova pértiga capaz de alcanzar os 25 metros

[Img #33534]O Concello de Nigrán, de mans do seu edil de Sanidade Alfonso Vázquez, retirou esta semana un niño de vespa asiática na parroquia de Camos empregando unha nova pértiga telescópica adquirida polo consistorio por 1.700 euros. O niño era de gran tamaño e estaba situado no alto dunha pereira a uns 10 metros do chan. Grazas a este aparato, que alcanza os 25 metros, é posible chegar as zonas de difícil acceso, xa que permite pinchar o niño e, a través dunha bomba e un tubo adherido a mesma, introducirlle o veleno.

 

Aínda que da retirada dos niños de velutina é responsable a Xunta de Galiza, dende o Concello de Nigrán realízase esta tarefa nos casos que existe unha maior urxencia debido á súa perigosidade pola cercanía de vivendas, como era este caso. Asemesmo, o Concello de Nigrán repartiu este ano 130  trampas de feromonas en diferentes puntos estratéxicos do municipio para atrapar as raíñas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.