Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 29 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Chega a quinta edición do festival ponteareán Rock in Río Tea

O venres terá lugar a edición Junior coa actuación, a partir das 21.00H, dos alumnos do Centro de Desarrollo Musical da vila máis do grupo pontevedrés, ás 00.00H Golg & Colt.

[Img #33536]

 

Chega a quinta edición dun festival, o ponteareán Rock in Río Tea, que segue a medrar ano tras ano e que segue a ofrecer un cartel cada vez máis atractivo e de balde para o público. A festa grande será o sábado 1 de xullo a partir das 21.00H.

 

O cartel deste ano encabezano un dos grupos máis excitantes do momento: os valencianos Los Zigarros. Puro Rock& que chega a Ponteareas para presentar o seu segundo traballo, A todo que sí, co que consolidan a súa proposta polo Rock máis canalla na procura de facerse un sitio entre os mellores grupos de Rock nacional de sempre.

 

Tamén estarán no parque da Feira Vella de Ponteareas os bilbaínos Los Brazos, formada por tres animais do escenario cun directo potente e divertido e cuxo terceiro disco, GAS, está abraiando alá por onde pasa.

 

 

 

 

O sábado será o día grande cos concertos, a partir das 21.00H e de balde para todos os asistentes, de Los Zigarros, The Soul Jacket, Eladio y los Seres Queridos, Los Brazos, The Pretty Shirts e Wonderlust Kings

 

 

 

 

Tres grupos de Vigo máis un de A Guarda completan a festa. The Soul Jacket repiten no Rock in Río Tea dous anos e dous discos despois cos que recorreron España e parte de Europa sen recibir máis que excelentes críticas de todos os que se achegaron aos seus concertos. Eladio & los Seres Queridos estará no Rock in Río Tea para presentar o seu último traballo, Orden Invisible, mesturado

 

coa propia versión da banda do cancioneiro tradicional galego, gravado hai uns meses nun disco chamado Cantares. O Rock&Roll máis cru e máis directo chegará dende A Guarda da man de The Pretty Shirts, que completan o cartel xunto aos vigueses Wonderlust Kings, gañadores do IV Concurso de Bandas Rock in Río Tea e merecedores, por tanto, dun posto nel.

 

Dende primeira hora, no recinto do parque da Feira Vella de Ponteareas haberá unha surtida oferta de comida e bebida para que ninguén se perda nin un só minuto de festival que comezará, escrupulosamente puntual, ás 21.00H.

 

 

 

 

No recinto haberá diversos postos de comida e bebida para que os asistentes poidan gozar do festival dende as 21.00H ata o remate

 

 

 

 

O gran festival do sábado terá dúas festas previas. O xoves 29 de xuño, dende a tapería O Muíño de Ponteareas, ás 21.30H, terá lugar unha nova edición do programa de radio que realiza semanalmente o Rock in Río Tea: Sempre queda o Rock. Os protagonistas da edición 117 serán Wonderlust Kings, banda que estará o sábado no parque da Feira Vella e que falará do seu primeiro traballo discográfico e que ofrecerá, en versión acústica, unha pequena mostra do seu repertorio.

 

Por outra parte, o venres 30 de xuño terá lugar o chamado Rock in Río Tea Junior. A partir das 21.00H os alumnos e alumnas do Centro de Desarrollo Musical de Ponteareas ofrecerán unha actuación á que sucederá o grupo pontevedrés Gold & Colt.

 

Todas as actividades son de balde para o público. Para máis información: www.rockinriotea.com

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.