PROVINCIA
Digna Rivas recibe o bastón branco-vermello para visibilizar ás persoas xordo-cegas
A deputada de Cohesión Social subliña que os 365 días do ano teñen que ser adicados a igualdade das persoas con algunha diversidade funcional.
![[Img #33548]](upload/img/periodico/img_33548.jpg)
A deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, recibiu esta semana de mans da presidenta da Asociación de Xordocegos de Galicia (XOGA), María Jesús Monterde, o bastón branco-vermello da campaña de visibilización das persoas xordo-cegas.
Este bastón de axuda das persoas con diversidade audiovisual con franxas vermellas e brancas pretende facer unha chamada de atención entre a poboación sobre este tipo de diversidade que limita as súas capacidades para a vida diaria e que é o eixo da campaña que desenvolven ao longo deste 27 de xuño. Precisamente, Digna Rivas, subliñou que os 365 dias do ano tiñan que ser adicados as persoas con diversidade funcional para impulsar a igualdade real, a inclusión nos diferentes ámbitos da vida destas persoas “porque todas e todos somos diferentes, e recoñecer estas diferenzas e o seu valor engadido, e potencialas en todos os ámbitos, é a clave para unha vida máis xusta e equitativa”.
A deputada provincial destacou que dende a institución provincial “estamos a traballar pola inclusión de todas as persoas con diversidade funcional en todos os ámbitos da vida diaria porque recoñecer a diferenza e atendela para acadar a plena participación social”.
Pola súa parte, a presidenta de Xoga agradeceu o apoio da Deputación de Pontevedra nesta campaña de visibilización e incidiu na necesidade de que calquera persoa recoñeza o que significa que alguén leve un bastón con franxas vermellas e brancas que o acredita como unha persoa cunha diversidade audiovisual.
A campaña tamén inclúe unha actividade denominada “Busca o bastón”, que comeza hoxe e estenderase ata o 7 de xullo. Mediante a mesma colocaranse 50 bastóns en diferentes puntos visibles de diferentes cidades de España e a idea é que a persoa que atope o bastón xere un fluxo de conversación sobre o mesmo e a xordocegueira nas redes sociais. No caso de Pontevedra, o bastón está nunha céntrica praza da cidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.173