Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 27 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva salienta a vangarda e o compromiso social de PortAmérica

A Presidenta da Deputación de Pontevedra asegurou que “PortAmérica e Cultura Quente aportan cultura, música, talento e creatividade para facer das Rías Baixas un referente”.

[Img #33549]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo Deputado delegado de Turismo Rías Baixas, Santos Héctor Rodríguez, presentou hoxe en Vigo unha nova edición dun dos #RíasBaixasFests máis populares: o PortAmérica, que este ano vive a súa primeira edición no seu novo fogar ao pasar a integrarse no marco do Cultura Quente no concello de Caldas de Reis.

 

Carmela Silva salientou que Caldas é “un concello espectacular, que conta con recursos naturais como a súa marabillosa carballeira que fala da nosa tradición, ademais dun produto termal moi relevante e un moi bo ambiente grazas a unha veciñanza espectacular”. Nesta vila, dende este ano teñen lugar dous festivais nun, xa que PortAmérica pasa a formar parte da programación que se desenvolverá ao longo da primeira quincena de xullo ao abeiro de Cultura Quente. A Presidenta provincial asegurou que “estaremos alí para desfrutar e para ser felices”.

 

Carmela Silva lembrou que “a Deputación de Pontevedra apoia estes festivais porque reúnen a cultura, a música, o talento e a creatividade, que fan de nós unha provincia referencial nun eido moi relevante”. Deste xeito, Cultura Quente e PortAmérica achegan “unha inmensa potencialidade de actividade económica e de creación de emprego, para converter as Rías Baixas nun referente” e por iso, explicou a Presidenta, “apoialos non ten prezo”. “Unha Administración rigorosa, que sabe onde ten que apostar, ten que apoiar PortAmérica”, explicou.

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra lembrou que “ademais, PortAmérica é un #RíasBaixasFest único porque fala de nós, da nosa xente, de todo o que somos capaces de ofertar e de ser” e sinalou o seu carácter “vangardista, porque sempre avanza e este ano fai algo que é por onde vai o mundo: a economía circular, que é o futuro da economía do mundo”.

 

 

 

 

PortAmérica aposta “pola economía circular, que é por onde vai o mundo” e garante a accesibilidade universal para persoas con diversidade funcional e mobilidade reducida

 

 

 

 

Carmela Silva sinalou o compromiso social do Festival e asegurou que “faino dende varias propostas: unha delas medioambiental, cun enorme compromiso como é a forma na que tratamos os residuos que xeramos”, que se integra dentro dos eixos transversais da campaña da Deputación de Pontevedra nos #RíasBaixasFests este ano, xunto coa estratexia en torno á Igualdade pola que “os e as promotoras deste festival teñen un compromiso para que o discurso da Igualdade acade un peso importante nel”, en definitiva, “un compromiso co mundo que queremos construír”.

 

Tamén neste eido do compromiso social, Carmela Silva resaltou “algo único, que é o compromiso coa accesibilidade universal” do PortAmérica, que permite que “as persoas con diversidade funcional e mobilidade funcional poidan asistir”. Para a Presidenta provincial, “hoxe non se entende un mundo no que todas as persoas non teñan igualdade de oportunidades para poder desfrutar con algo que as fai felices”.

 

Carmela Silva salientou a alta calidade do cartel musical da sexta edición de PortAmérica, que se desvelou ao completo por primeira vez hoxe e que está encabezado por consagrados e consagradas artistas dos panoramas galego, estatal e internacional da altura de Iván Ferreiro, Xoel López, Triángulo de Amor Bizarro, Novedades Carminha, The Horrors, Leiva ou Quique González, entre moitas outras propostas.

 

Ademais, a Presidenta provincial valorou moi positivamente o papel que se lle vai dar á gastronomía na programación de PortAmérica, na que resalta o show rocking “Cociñando na fin do mundo”. Nel, durante os tres días que durará o festival, 31 chefs internacionais con 10 Estrelas Michelín (entre elas, as dos pontevedreses Yayo Daporta e Javier Olleros) e baixo a organización de Pepe Solla realizarán pinchos creados expresamente para o festival, ademais de contar con novas promesas ao incorporar a estudantes das escolas de gastronomía galegas. Deste xeito, sinalou Carmela Silva, “a programación de PortAmérica e todo o que o arrodea son un auténtico luxazo”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.106

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.