Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 28 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:

Tres saídas de vía deixan persoas feridas en Salceda e Tui

[Img #33558]

 

En Salceda de Caselas unha persoa resultou ferida tras caer por un barranco cando circulaba co seu turismo á altura do Torrón.  Foi un particular quen, ás 00:00 horas desta noite alertou ao 112 Galicia. Indicou que aínda que testemuñas que presenciaran o accidente lograran sacar á persoa do interior do turismo, eran precisos medios sanitarios. Así, dende o CAE 112 Galicia puxeronse os feitos en coñecemento do persoal sanitario e da Garda Civil de Tráfico. Os Bombeiros de Baixo Miño tamén foron informados polo persoal do 112 Galicia.

 

Dous feridos en Tui
Por outra banda, ás 21:45 horas de onte, o 112 Galicia recibía a chamada dun alertante que informaba dunha saída de vía na A-55, na saída dirección Tui. Tras indicar que había dous feridos, un adulto e un neno, o 112 Galicia pasou aviso, decontado, a Urxencias Médicas. Do mesmo xeito, informouse á Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Baixo Miño e ao persoal do servizo de mantemento da vía.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.