GALICIA
A Xunta garante cos Bancos de Alimentos e a Fegamp a atención alimenticia no verán a familias con menores ao seu cargo
O obxectivo deste convenio de colaboración é facer posible, un verán máis, a entrega de paquetes alimenticios a familias con escasos recursos e con menores ao seu coidado que non poden recorrer a outros servizos durante os meses de xullo e agosto, como os comedores escolares.
![[Img #33588]](upload/img/periodico/img_33588.jpg)
A Consellería de Política Social, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Federación Galega de Bancos de Alimentos (Fegaban) renovan o acordo a tres bandas que permite garantir que as familias con en situación de vulnerabilidade e con menores ao seu cargo teñan cubertas as necesidades alimenticias durante os meses de verán. O conselleiro José Manuel Rey Varela, o presidente da Fegamp, Alfredo García Rodríguez, e o responsable da Fegaban, José Pita Chento, asinaron esta semana o novo convenio de colaboración nun acto que tivo lugar nas dependencias administrativas da Xunta de Galicia en San Caetano.
O novo convenio, ao igual que os anteriores, permite establecer un procedemento de actuación e coordinación entre as tres entidades asinantes para a entrega dos paquetes de alimentos a familias con escasos recursos e con menores ao seu coidado que non sexan beneficiarias de axudas coa mesma finalidade. Os destinatarios desta axuda os determinarán os servizos sociais comunitarios dos concellos, que ademais indicarán un lugar ou punto para que os bancos de alimentos fagan entrega do paquete de produtos ás familias que o solicitaron. O lote entregado a cada familia permitirá como mínimo unha comida diaria a todas as persoas da unidade familiar.
A Consellería de Política Social comprométese a facilitar aos concellos toda a información que precisen para levar a cabo a selección das familias e a entrega dos alimentos, de contrastar a percepción doutras axudas ou prestacións coa mesma finalidade por parte das persoas integrantes das familias propostas para recibir a axuda e de remitir os datos á Federación Galega de Bancos de Alimentos. Así mesmo, a Fegamp promoverá entre os concellos que a integran o coñecemento deste acordo, procurando a colaboración dos mesmos na selección das familias e na organización dos lotes de alimentos. E, por último, a federación de bancos de alimentos distribuirán os paquetes de produtos a cada concello, en función da súa petición.
Deste xeito, a Xunta, a Fegamp e Fegaban abordan un verano máis de maneira conxunta e coordinada esta medida de apoio ás familias en situación ou risco de exclusión social con menores a cargo que durante os meses de verán non poden facer uso doutros servizos como os comedores escolares. A finalidade é garantir axuda alimenticia a estas familias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149