GALICIA
O Hospital Álvaro Cunqueiro celebra o II Aniversario
Feijóo destaca e agradece o traballo de todo o persoal sanitario que durante estes dous anos fixo do Cunqueiro un centro de referencia.
![[Img #33625]](upload/img/periodico/img_33625.jpg)
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asistiu hoxe ao acto conmemorativo do II Aniversario do Hospital Álvaro Cunqueiro Medrando xuntos: os bebés do Álvaro Cunqueiro; o maior hospital público construído, aseverou, durante a recesión económica grazas ao esforzo de todos os galegos.
Nesta liña, destacou e agradeceu o traballo de todo o persoal sanitario que durante estes dous anos fixo do Cunqueiro un centro de referencia. E afirmou que grazas á colaboración dos traballadores se presentou un plan estratéxico “pensado nas persoas e nos pacientes”, que dará resposta ás necesidades presentes dos profesionais, para satisfacer as necesidades futuras dos pacientes.
Afirma que grazas á colaboración dos traballadores se presentou un plan estratéxico “pensando nas persoas e nos pacientes” que dará resposta ás necesidades presentes dos profesionais, para satisfacer as necesidades futuras dos pacientes
Ao longo da súa intervención, o responsable do Goberno galego lembrou que a construción deste hospital público supuxo unha transformación sen precedentes na atención sanitaria do sur de Galicia, unha área que conta con 600.000 pacientes. “Estamos a falar dun hospital que fixo mudar a sanidade en Vigo e no sur de Galicia”, dixo, incidindo en que o seu tamaño é tres veces superior ao do antigo Xeral Cíes, co 70% das habitacións individuais e dotado con todos os medios técnicos.
Feijóo rematou lembrando que o Hospital Álvaro Cunqueiro foi elixido en 2016 por 1500 profesionais como o mellor hospital público de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149