PONTEAREAS
ACiP denuncia que o Concello debe á compañía de telefonía preto de 60.000 euros
A viceportavoz de ACiP, Raquel Bautista Alfaya asegurou que o Concello de Ponteareas adebeda, na actualidade, preto de 60.000 euros á compañía de telefonía o que, segundo Raquel Bautista, “supón unha nefasta xestión do concelleiro de Facenda”. Para a viceportavoz de ACiP, “o responsable de Facenda leva ao concello a situacións inaceptables, como é este caso no que o subministro de telefonía pode ser cortado nos vindeiros días”.
Bautista chama a atención sobre o “gravísimo prexuízo que supoñería dito corte para os servizos municipais, xa que “servizos como bombeiros e policía quedarían incomunicados” iso sen contar co feito de que “o Concello está a saltarse a Ley no relativo ao cumprimento de pagos a proveedores, xa que a lexislación establece claramente un prazo de 60 días para facer ditos pagos”, di a concelleira independente.
Dubida muito a edil “que os socios de Goberno estean enterados de que o Concello é un pufeiro más xa que é a propia compañía de telefonía a que di que é o Concello que máis lles debe en España e que máis alonga no tempo o pago das facturas”.
Os problemas económicos do Concello, según Raquel Bautista, veñen dereivados “da falta de seriedade e sobre todo de coñecemento do concelleiro responsable de Facenda”, isto fai “que todos os meses haxa que levar recoñecementos extraxudiciais de facturas do ano pasado ao Pleno”. Isto, para a concelleira de ACiP, é a mostra de que “o tempo da a razón ao noso grupo cando decíamos que o Goberno escondía moitas facturas no caixón para ocultar gastos reais”.
Moitas da facturas que se deben á compañía de telefonía, di ACiP, “son dos meses de xullo, agosto e setembro, cando acababan de aprobar o presuposto municipal, co apoio de IU, e que según o Goberno era o mellor presuposto da historia de Ponteareas”.
ACiP pídelle ao alcalde “o cese inmediato do Concelleiro de Facenda e a remodelación do seu goberno para poñer a alguén responsable ao frente Concellería máis importante do Concello”.
Denuncian tamén os independentes, o incumprimento da Ley de Contratos do Estado, xa que o contrato de telefonia leva caducado preto de dous anos “o que supón un prexuízo grave para os veciños e veciñas, xa que poderíamos estar aforrando moitos cartos mensualmente en gasto de telefonía”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149