Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 05 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP de Salceda continuará coa investigación "tras as contradiccións do goberno municipal no pleno"

O Partido Popular de Salceda solicitará un pleno extraordinario para a creación dunha comisión de investigación co fin de aclarar ónde están os cartos recaudados por tres actuacións do ano 2016.

O pasado mércores 28 de Xuño, o Partido Popular de Salceda de Caselas solicitaba por rexistro a comparecencia do Alcalde, da Concelleira de Cultura e do Concelleiro de Facenda para que desen as explicación pertinentes a cerca do destino dos cartos correspondentes á recadación das entradas de tres actuacións no ano 2016. Falan os populares das actuacións no Auditorio Municipal de  “O show de ISI” o 3 de setembro, Batemento o 4 de Setembro (Día da Festa dos Callos) e da de Vaamonde, Lamas & Romero o 6 de febrero (Entroido).

 

Santiago Rodriguez Davila, voceiro do Grupo Popular explica “se ben é certo que o Goberno Municipal aceptou a comparecencia -despois de máis de duas semanas sen asumir a responsabilidade- as explicacións dadas non convenceron nin á oposición nin ós veciños e veciñas alí presentes. O Alcalde descargou a responsabilidade na Concelleira de Cultura, Teresa Pérez, que non foi quén de defender a postura amosada nos últimos días nos medios de Comunicación”.

 

“A concelleira e goberno municipal quedaron en evidencia ó ser incapaz de presentar contratos oficiais rexistrados e avalados por intervención nin secretaría nos que se estipulase o procedemento seguido para estas actuacións e nos que se acordase o tipo de recadación das entradas. Non foi quén de presentalos porque non os hai, como así o afirmou a mesma durante o pleno. No entanto, este Grupo si que ten documentación oficial que avala a veracidade do que decimos e que deixa en evidencia a xestión de Movemento Salceda á fronte do Goberno. As contradiccións foron máis que evidentes durante a comparecencia, ata o punto de que Teresa Pérez chegou a afirmar que á actuación de ISI tan só asistiron 53 persoas, cando os veciños e veciñas  sabemos que a realidade foi ben diferente” afirma Davila.

 

Os populares queren deixar claro tamén -en resposta ó intento de manipulación do Alcalde no pleno- que non teñen nada que decir ó respecto dos Grupos e artistas que actuaron neste Concello. O único culpable é o Goberno Municipal, como encargado que foi de xestionar esas actuacións.

 

“Para nós os veciños e veciñas son o más importante. Queremos saber ónde están os cartos, por iso solicitaremos un pleno extraordinario nos próximos días para a creación ducha comisión de investigación que clarifique o acontecido. Se o Goberno segue na mesma liña e non avala con documentación oficial o procedimiento seguido, quen recolleu os cartos na casa da cultura, que fixeron cos cartos dende ese momento, onde foron parar, e un longo etc., poden ter por seguro que chegaremos ata ó final deste asunto, incluido a vía xudicial si fose preciso” remata o voceiro popular.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.