Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 04 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello de Nigrán derivado dunha queima sen permiso

No que vai de ano, son 54 os investigados pola Policía Autonómica por delitos relacionados con lumes nos montes galegos.

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Vigo informaron  do esclarecemento dun incendio forestal no concello pontevedrés de Nigrán.

 

Axentes da Policía Autonómica de Vigo procederon á investigación de dúas persoas como presuntos autores dun incendio por neglixencia, na realización dunha queima de restos forestais. O permiso de queima fóralle denegado por mor do risco de incendios nese momento.

 

O incendio tivo lugar o pasado día 15 de xuño, na parroquia de Chandebrito, no concello de Nigrán, afectando a 0,70 hectáreas de terreo forestal arborado. Polos feitos tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución número 7 de Vigo.


No que vai de ano, son 54 os investigados pola Policía Autonómica por delitos relacionados con lumes nos montes galegos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.