TOMIÑO
Tomiño lanza a segunda fase do programa “Reacciona Verán”
Aos obradoiros de Coworking e Empoderamento das mulleres; idiomas (xaponés e italiano) e deportes náuticos, súmanse cursos de cociña saudable, música electrónica e graffiti.
A Concellalía de Mocidade lanza a segunda fase do proxecto “Reacciona Verán”, especialmente pensado para persoas entre os 12 e 30 anos. A oferta caracterízase pola diversificación de actividades, froito das inquedanzas dos propios mozos e mozas tomiñeses. O obxectivo, segundo indica a concelleira Fátima Rodríguez, é fomentar hábitos saudables, formación continua e un ocio creativo.
Baixo o apartado “Fórmate” ofrécense cursos de xaponés e italiano, solicitados pola mocidade a través das redes sociais do Concello, e dúas apostas novidosas coma son un obradoiro de Coworking e outro titulado Empoderando ás futuras líderes do século XXI. Este último, ten coma obxectivo reflexionar sobre os estereotipos de xénero e os xuízos de valor que facemos homes e mulleres, baseándonos unicamente nas características físicas ou biolóxicas das persoas. “Debido ao modelo patriarcal que predomina na nosa sociedade, as rapazas e máis as mulleres, son sempre as máis prexudicadas polos estereotipos, por este motivo queremos incidir na acción de empoderamento feminino”, explica a concelleira de Mocidade. Terá lugar todos os xoves (de 9.30 a 13.30 hs. Na Aula Cemit) entre o 3 de agosto e o 28 de setembro.
Pola súa banda, o obradoiro de Coworking, celebrado o pasado xoves, tivo coma finalidade dar a coñecer esta nova forma de emprego,e nun futuro, crear un espazo de traballo colaborativo municipal. “A través dos contidos do Obradoiro (orixes do coworking, que é o coworking, quen pode beneficiarse desta modalidade de traballo, vantaxes e inconvenientes, etc.) pretendemos plantexar a posibilidade de crear un espazo de coworking municipal para a mocidade”, explica Rodríguez.
No eido do deporte, o “Reacciona Verán” organiza varios cursos deportes náuticos (únicas actividades de pago, aínda que subvencionadas en parte), que terán lugar no río Miño, á altura de Goián. Durante todos os sábados de xullo, mozos e mozas terán a oportunidade de iniciarse en flyboard, paddleboard, wakeboard (esquí acuático), e rutas en kayak.
O Concello aposta, por último, por actividades de ocio e lecer creativas e diferentes, coma a Iniciación á música electrónica, Cociña saudable e Graffiti.
Máis información e inscricións en: omix@tomino.gal ou www.tomino.gal/reacciona. Tamén pasando persoalmente polo departamento de Cultura, Mocidade e Deportes, sito no edificio do antigo centro de saúde (barrio da Rocha).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149