Viernes, 26 de Septiembre de 2025

Xornal21
Domingo, 09 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño acomete a recuperación integral da Avenida Buenos Aires

[Img #33751]

 

A Concellería de Vías e Obras, dirixida por Manuel Carrera, leva a cabo na Avenida Buenos Aires unha recuperación integral da mesma coa reparación de beirarrúas, a construción dunha nova na entrada do popular  ‘escondidiño’ , na que anteriormente se fixera unha cesión para facilitar o seu ensanchamento, e  a adaptación de todos os pasos desta avenida para mellorar a accesibilidade da mesma.


O concelleiro salienta que a obra, que rematarase no prazo de dous meses, está a cargo de traballadores contratados grazas ao ‘Plan Concellos 2017’ da Deputación de Pontevedra, e agradece a importante colaboración neste proxecto de Israel Mercader, un "referente no Porriño na loita pola eliminación das barreiras arquitectónicas e a mellora da accesibilidade".


A mellora da avenida, explica Manuel Carrera, ten un orzamento, nesta primeira fase, de 20.000€, “que se asumen con fondos do propio Concello” e, engade, “cumpre coa solicitude de moitos veciños do Porriño que viñan reclamando, dende hai tempo, que se acometerán estas melloras”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.