SALVATERRA DE MIÑO
Salvaterra premia aos seus mellores estudiantes
Este Concello foi pioneiro en valorar a excelencia académica.
![[Img #33754]](upload/img/periodico/img_33754.jpg)
O ‘Premios de Educación do Concello de Salvaterra de Miño’ naceron co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xóvenes. Un proxecto máis froito da interacción e colaboración entre os Centros Educativos do Municipio e o Concello, na busca de incentivar, animar e premiar o esforzo dos estudantes, hábitos que marcarán o seu futuro e que os poñerán en valor como persoas e profesionais.
Toman parte nesta convocatoria o alumnado do Instituto de Educación Secundaria e máis dos tres centros de educación primaria de Salvaterra de Miño, CEIP Infante Felipe, CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares, que cumpran os requisitos imprescindibles que sinalan para cada unha das distintas etapas educativas que se establecen nas bases.
Así este pasado mércores 5 de xullo entregábanse os premios, e, tal e como establece as bases, repartiron 14 lotes informáticos compostos por unha ‘Tablet Samsung Galaxy’, funda, Powebank e tarxeta de memoria de 32 GB, para os nenos e nenas de primaria, ESO e Ciclo de Caldeirería e Soldadura.
Ademais repartiron tres bolsas de estudos para os mellores expedientes de 2º de Bacharelato, que consistirán nunha viaxe a Reino Unido co obxecto de perfeccionar a lingua inglesa. A bolsa inclúe os seguintes servizos: viaxe de ida e volta, aloxamento en familia en pensión completa, curso de inglés xeral de 3 semanas con profesorado nativo, actividades, programa social, excursións, tarxeta de transporte e seguros.
O Concello de Salvaterra foi un dos primeiros e dos poucos que a día de hoxe premian a excelencia académica pondo en valor o esforzo escolar. A posta en marcha desta iniciativa é “premiar” os mellores estudantes foi froito da colaboración e traballo conxunto entre a administración local e os centros educativos do municipio para fomentar o traballo nas aulas e de paso, evitar o fracaso escolar incentivando o esforzo e premiando o traballo e a constancia, ademais da propia actitude do alumnado. Así o que nun principio se enfocou unicamente aos estudiantes do IES Salvaterra, fai oito anos ampliouse e agora abarca tamén aos centros educativos de Primaria.
Precisamente a Concelleira de Educación, Marta Valcárcel, no acto de entrega destes premios, puxo de relevo "o traballo, dedicación e implicación tanto dos equipos directivos como do profesorado dos centros escolares, que buscan continuamente incentivar aos seus alumnos", sen esquecerse "do apoio da propia familia, xa que moitas veces son o eixo central do éxito destes estudantes". Valcárcel, felicitou aos premiados/as deste ano desexandolle "as mellores das sortes na nova etapa que encetan a partires de agora".
PREMIADOS “XII CONVOCATORIA Premios Educación
Curso 2016/2017”
1.- LOTES INFORMÁTICOS
* Colegios de Primaria:
1.1) CEP CARLOS CASARES ALXÉN
1.- CRISTIAN PÁRAMOS LÓPEZ
2.- NOA FERNÁNDEZ PEREIRA
1.2) CEIP de LEIRADO
1.- AROA GONZÁLEZ FERNÁNDEZ
2.-MARA AMIL ARAÚJO
1.3) CEIP INFANTE FELIPE DE BORBÓN
1.-HUGO FERNÁNDEZ MONTEIRO
2.-SARA FERREIRA PEREIRA
3.-CLARA ÁLVAREZ RODRÍGUEZ
4.-XOÁN ÁLVAREZ ALDIR VILLAVERDE
5.-UXÍA SÁNCHEZ OTERO
* I.E.S de Salvaterra de Miño
1.1) 4º E.S.O
1.- SARA FARO LUBIÁNS
2.-SABELA PÉREZ CASTRO
3.-ALBA BLANCO VEIGA
1.2) CICLO MEDIO DE SOLDADURA E CALDEIRERÍA:
1.- ***LUIS ARES FERNÁNDEZ
1.3) FP BÁSICA DE CARPINTARÍA E MOBLE:
1.- **ADRIÁN RIVEIRO LOURENÇO
2.-BECAS DE ESTUDIOS (Inglaterra -Worthing) (Instituto)
o Xaquín Alves González
o José Iglesias Moure
o Aida Landqvist Souto

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22