GALICIA
Xunta e Goberno Central colaboran por quinto ano na loita, prevención e investigación dos lumes na nosa comunidade
Esta semana, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o delegado do Goberno, Santiago Villanueva, recibiron á Unidade de Cabalería da Policía Nacional que se une ao dispositivo de incendios posto en marcha pola Xunta.
![[Img #33783]](upload/img/periodico/img_33783.jpg)
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado do Goberno, Santiago Villanueva, asistiron esta semana á presentación do grupo da sección de cabalería da Policía Nacional desprazada a Galicia para prestar apoio no ámbito da Operación Lumes 2017.
No acto que tivo lugar no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, en Santiago, e ao que tamén asistiu o Xefe Superior da Policía en Galicia, Manuel Vázquez e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o vicepresidente da Xunta destacou que o dispositivo de prevención e loita contra incendios forestais que está operativo desde o 1 de xullo, o PLADIGA, supera os 7.000 efectivos nesta tempada de alto risco. Nel participa persoal da Xunta, do Estado e dos concellos, nun exemplo de colaboración institucional que permite obter os mellores resultados, lograr sinerxías e minimizar os danos. Esa cooperación é fundamental para seguir traballando e mellorando cada día na prevención e extinción dos lumes, así como na loita contra os incendiarios.
Segundo explicou o vicepresidente da Xunta, esta colaboración dáse en todos os ámbitos pero cobra especial importancia na prevención e na investigación dos lumes forestais, onde é de destacar o traballo conxunto que veñen facendo as policías nacional e autonómica, xunto á Garda Civil e aos propios axentes forestais.
A Unidade está composta por 15 axentes e 12 cabalos, que terán base en Santiago e Pontevedra, dende onde cubrirán as catro provincias galegas
Ademais este traballo conxunto trasládase ao Camiño de Santiago, no que as forzas e corpos de seguridade traballan, no marco do Plan de Seguridade do Camiño, para garantir a seguridade, especialmente nestes meses de verán onde hai unha maior frecuencia de camiñantes, xa que a día de onte xa chegaron a Santiago este ano máis de 116.000 peregrinos, un 10 por cento máis que o pasado ano por estas datas.
A Unidade de Cabalería está composta por 15 axentes e 12 cabalos, que terán base en Santiago e Pontevedra, dende onde cubrirán as catro provincias galegas. O traballo da Unidade está coordinado polo Comité Integrado de Prevención de Incendios, o CIPIG 2017, que foi constituído a pasada semana, e onde tamén colabora a Policía Nacional, a Garda Civil e a Policía Autonómica, dos cales este ano un total de 260 axentes vixiarán os montes galegos, con 8 motos, 48 vehículos todoterreo e 21 vehículos camuflados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149