TUI
I Campus de Fútbol Americano no Concello de Tui
Organizado polo club Vigo Guardians nas instalacións deportivas “Álvarez Durán” de Tui
Este vindeiro sábado, 22 de xullo, as instalacións deportivas Álvarez Durán de Tui, acollerán o I Campus de Fútbol Americano e Fútbol Flag, impartido polos responsables do Club Vigo Guardians, en colaboración co Concello de Tui. O obxectivo é brindar unha xornada gratuíta de iniciación e coñecemento deste deporte.
O campus realizarase en horario de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 ata as 19.00 horas. Vai dirixido a xogadores dos dous sexos xa que o club dispón de sección feminina (actuais campioas galegas de Flag Football) e masculina, en idades a partir dos 14 anos, sen límite de idade.
Nesta xornada daranse as nocións básicas deste deporte e realizaranse exercicios dos adestramentos diarios, para, unha vez adquiridos os conceptos, participar nun partido na modalidade Flag (sen contacto). Os participantes poderán probar a sensación de xogar coa equipación propia desta modalidade deportiva, dado que se levarán cascos e corazas do equipo.
Pódese acadar máis información ou facer a inscrición na web www.vigoguardians.com, no facebook vigoguardians ou no número 649 676 566.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85