SALCEDA DE CASELAS
O PP de Salceda denuncia as "mentiras" do Alcalde sobre o Centro de Saúde
A tramitación da cesión da parcela por parte do Concello de Salceda á Xunta de Galicia para a construción do Centro de Saúde paralizada pola mala xestión do Goberno Municipal.
O voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila explica, en resposta ás declaracións do Goberno Municipal nos medios de comunicación que “unha vez máis, o Alcalde de Salceda descarga a responsabilidade na Xunta de Galicia e neste Grupo para intentar encubrir a súa desastrosa xestión e manipular ós veciños e ás veciñas cun tema tan importante para o noso pobo como é o novo Centro de Saúde”.
Explican os populares que “ainda que durante a campaña electoral do ano 2007, a promesa máis redundante do actual Alcalde foi a construción dun novo Centro de Saúde, non foi ata o ano 2011 cando se acordaba a cesión dos terreos á Administración Sanitaria Galega como encargada da elaboración, supervisión e aprobación do proxecto técnico así como da contratación, dirección e execución das obras para construción. Como o solo cedido non era urbanizable e o Concello non tiña a plena propiedade sobre o mesmo -xa que foi una ocupación directa e inscrita transitoriamente-, foi preciso un proxecto de reparcelación, o cal non foi publicado no BOP por parte do Concello ata xaneiro do ano 2015”.
“En febreiro de 2016 faise a nova cesión dos terreos, mais a referencia catastral da parcela cambia tras a reparcelación e o Concello, ainda sendo pleno coñecedor da necesidade, non ten a ben achegar a documentación modificada ó SERGAS. O da nova referencia non é tema menor como pretende facer crer o Alcalde -para encubrir de novo a súa pésima xestión- xa que se el mesmo se achegase ó Rexistro da Propiedade de Tui e preguntase por dita referencia, diríanlle que a finca non existe. Por tal motivo, o 10 de Marzo deste ano non se puido firmar a escritura pública ante notario, xa que o mesmo alertou da non coincidencia da numeración catastral entre a que está no convenio e a da reparcelación. Isto impediu que o trámite de cesión da parcela á Xunta de Galicia poidese levarse a cabo definitivamente”, asegura Davila.
A parcela coa referencia catastral da ocupación directa que foi a pleno no ano 2011 non existe no Registro da Propiedade de Tui
Para dar solución a esta situación coa maior urxencia posible, o SERGAS solicita en varias ocasións ó Goberno de Movemento Salceda os documentos que acrediten o novo certificado de Rexistro da parcela co número correxido, o seu carácter patrimonial e a confirmación de que o terreo está libre de cargas, no entanto, e así o asegura a Xunta de Galicia, o Goberno envía a documentación incompleta de novo, polo que a cesión volta a paralizarse.
“Queda de manifesto a irresponsabilidade do Goberno Municipal por varios motivos. En primeiro lugar, por aportar datos falsos para a firma do convenio, xa que a referencia catastral achegada era a do ano 2011, cando a reparcelación foi no 2015 e a sinatura do convenio no 2016; e en segundo lugar, por non cumplir co convenio asinado en Marzo do 2016 no que este Concello se comprometía a facilitar a documentación necesaria para a redacción do proxecto de obras, licencias e demais permisos urbanísticos” aseguran os populares.
“Non dicía en 2011 que os trámites xa estaban feitos? Dez anos despois, do prometido nada se ve. Por todo isto, demóstrase que se a día de hoxe non temos o Centro de Saúde é porque Marcos Besada non fixo os trámites urbanísticos necesarios en tempo e forma (reparcelación e proxecto de urbanización) nin aportou a documentación precisa para continuar ca cesión da parcela, que se atopa suspendida na actualidade. Queda claro tamén que a única intención do alcalde é a de obter rédito político deste tema, tal e como fixo nas campañas de 2011 e 2015 e como continúa a facer na actualidade, botándolle a culpa sempre ós demais. Non se pode mentir ós veciños e ás veciñas sobre un proxecto de vital importancia para o pobo, por iso, solicitaremos a súa comparecencia nun próximo pleno” remata o voceiro popular.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149