Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 13 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño organiza un curso de verán para obter o graduado da ESO por libre, no mes de setembro

As clases teñen lugar os luns, martes e xoves, de 19:00 a 22:00 horas, na Aula CeMIT situada no Campo da Feira.

Continuando coa súa labor formativa, o Concello de Tomiño organiza un curso de verán, para persoas adultas que queiran presentarse ás probas libres da ESO, que terán lugar no mes de setembro.

 

Durante este novo cursiño, que vén de comezar, as clases teñen lugar os luns, martes e xoves de 19:00 a 22:00 horas, na Aula CeMIT (Campo da Feira s/n) de Tomiño.

 

O pasado día 3, tivo lugar o comezo do curso de verán para preparar as probas da ESO. Aínda que o prazo de matriculación está pechado, quedan algunhas prazas dispoñibles no ámbito social, non así no científico nin no lingüístico.


Ata o día de hoxe hai 31 persoas matriculadas (14 mulleres e 17 homes). De todos os participantes, 18 xa se presentaron nas probas do pasado mes de xuño, conseguindo unha puntuación desfavorable, polo que se seguirán formando, para volvelo a tentar na proba do próximo 7 de setembro.


O bloque que ten máis demanda é o científico, cun total de 26 persoas matriculadas, seguido polo bloque lingüístico, con 20 persoas, e o de ámbito social, con 16 persoas.  


Os requisitos para a inscrición no curso son:

  •     Estar empadroado en Tomiño.
  •     Ter cumpridos vos 16 anos.
  •     Tamén se poderán admitir persoas de fóra de Tomiño, se quedan prazas vacantes.
  •     Ademais dos requisitos anteriores, será necesario:
  •     Non estar matriculado oficialmente en ningún curso da ESO, en ningún centro educativo de Galicia.
  •     Ter cumpridos os 18 anos antes do 7 de setembro de 2017.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.