GALICIA
A Xunta incrementa nun 40 por cento o número de prazas dispoñibles para participar no Programa de Voluntariado Ambiental
Froito do traballo e a colaboración entre as Consellerías de Medio Ambiente e Política Social, o Goberno galego amplía as posibilidades de participación neste tipo de actividades coas que se pretende concienciar aos máis novos sobre a importancia da protección e a conservación dos espazos naturais.
![[Img #33825]](upload/img/periodico/img_33825.jpg)
A Xunta de Galicia incrementa nun 40 por cento o número de prazas dispoñibles para participar no Programa de Voluntariado Ambiental, que desenvolverán conxuntamente as Consellerías de Medio Ambiente e Política Social nos parques naturais da Comunidade durante os meses de xullo e agosto. Froito desta colaboración, o Goberno galego amplía nesta edición as oportunidades de inscrición, de modo que, habilitáronse catro prazas máis -de seis a dez- na maior parte das quendas organizadas ao abeiro deste programa.
Estas actividades desenvolveranse no marco dun convenio de colaboración asinado polas Consellerías de Medio Ambiente e Política Social no pasado mes de febreiro, que, a maiores do programa de voluntariado ambiental, permitirá a posta en marcha de dous campos de traballo en Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixián e Xurés e a organización de visitas para mozos de entre 16 e 30 anos aos seis parque naturais da Comunidade. En total, segundo apuntou a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, serán máis de 700 as persoas que, froito deste convenio, poderán participar nas diversas actividades de convivencia, protección e coñecemento do medio ambiente.
No que respecta ao programa de voluntariado ambiental, neste verán poderán participar ata 400 persoas maiores de 16 e sen límite de idade nas 18 actividades de voluntariado organizadas no Parque Nacional das Illas Atlánticas e 18 máis, que se desenvolverán nos seis parques naturais de Galicia, isto é, Fragas do Eume, O Xurés, O Invernadeiro, Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixián, Monte Aloia e Serra Enciña da Lastra. Estas accións repartiranse en distintas quendas ao longo dos meses de xullo e agosto e, concretamente, as que se realizarán nas illas de Sálvora, Cortegada e Cíes estarán deseñadas para a atención de persoas con diversidade funcional.
O obxectivo que se persegue con esta proposta, segundo indicou a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana Díaz, “é concienciar á mocidade sobre a importancia de preservar o patrimonio natural e adoptar actitudes e comportamentos proambientais e sostibles mediante o desenvolvemento de accións de recuperación e protección dos ecosistemas”. A representante da Consellería de Medio Ambiente dixo que “ninguén pode preservar sen non coñece previamente”, polo que celebrou a posta en marcha deste tipo de actividades que pretenden “somerxer aos participantes nos espazos naturais que atesoura Galicia”.
Así, durante os meses de xullo e agosto, poranse en marcha 18 actividades de voluntariado no Parque Nacional das Illas Atlánticas e 18 máis nos seis parques naturais de Galicia, repartidos en quendas de 10 participantes, isto é, catro máis que en edicións anteriores, ata completar as 400 prazas ofertadas
Neste senso, Díaz López detallou o tipo de actividades que se desenvolverán nos diferentes espazos naturais cuxo denominador común é o asentamento e conservación de especies autóctonas, acondicionamento e mantemento de camiños e rutas de sendeirismo, repoboacións de herbáceas e outras especies vexetais, recoñecemento da flora e fauna, vixilancia do monte, recollida de lixo e o observatorio das canles dos ríos, así como a limpeza e coidado das praias e os sistemas dunares.
Aberto o prazo de inscrición
Pola súa banda, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, informou de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar no programa de Voluntariado Medioambiental no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Aqueles maiores de 18 anos que o desexen, poderán realizar accións de mellora do medio ambiente e actividades centradas na oceanografía, recursos mariños, fauna, flora e biodiversidade das illas entre outras. “Trátase dunha actividade solidaria e altruista que amosa o compromiso dos galegos e galegas coa nosa terra e seu respecto cara o medio ambiente”, afirmou Cecilia Vázquez.
Igualmente, engadiu que para o desenvolvemento destas actuacións disporase da colaboración de persoal especializado na realización das tarefas a desenvolver, e cubriranse a totalidade dos gastos asociados ao seu desenvolvemento, tales como manutención, transporte, seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
As persoas interesadas en participar en calquera destes programas e que serán seleccionadas por rigoroso orde de inscrición, poderán inscribirse na web www.voluntariadogalego.org, a través da plataforma dixital do Voluntariado Galego, logo de cumprimentar o formulario habilitado no espazo virtual no que se aloxan os contidos de Plans e Programas na web.
Así mesmo, a directora xeral lembrou que Galicia é a comunidade autonómica con maior porcentaxe de poboación implicada en labores de voluntariado -o 14,7%- segundo un informe da Plataforma de voluntariado en España e o Observatorio de voluntariado.
Campos de traballo
Ao Programa de Voluntariado Ambiental hai que sumar os campos de traballo, que, tamén, nos últimos anos veñen experimentando un aumento do número de prazas dispoñibles ata acadar, desde 2015, un incremento do 23 por cento.
O convenio asinado o pasado mes de febreiro entre a Consellería de Medio Ambiente e Política Social fixa a celebración destes campos nos parques do Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán e Baixa Limia-Serra do Xurés, que son de carácter internacional, polo que pode participar xente de entre 18 e 30 anos de toda a Unión Europea ata acadar unha cota de 598 asistentes, 10 máis que na edición anterior.
Para o desenvolvemento destas actuacións disporase da colaboración de persoal especializado na realización das tarefas e cubriranse a totalidade dos gastos de manutención, transporte, seguro de accidentes e de responsabilidade civil
En total, serán 28 campos de traballo, unha iniciativa que permitirá aos voluntarios e voluntarias galegos, doutras Comunidades Autónomas e do estranxeiro; realizar un amplo abano de actividades e obradoiros cuxa finalidade é, segundo indicou a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana Díaz, “o desenvolvemento de tarefas de conservación, recuperación e protección do medio ambiente ao tempo que fomentan a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade”.
En definitiva, Ana Díaz, valorou a celebración dun programa de voluntariado en cada parque, aberto á participación dun abano máis amplo da sociedade e cunha duración máis variable, xa que se organizan quendas semanais ou fins de semana durante os meses de xullo a setembro. Tamén valorou as experiencias activas, xa que as actividades prácticas realizadas sobre o terreo son a mellor vía para o conxunto da sociedade tomen conciencia da importancia ecolóxica, ambiental e económica dos nosos parques naturais.
Dinamizando o medio Ambiente
Finalmente e no marco da colaboración entre ambos departamentos, vaise poñer en marcha o programa ‘Dinamizando o Medio Ambiente’, unha iniciativa que ten por finalidade valorizar o patrimonio natural galego entre a mocidade, de xeito que tomen conciencia da súa importancia ecolóxica, medioambiental e económica, a través de experiencias activas de achegamento ao seu coñecemento e goce.
O ámbito para o desenvolvemento deste programa serán nos parques naturais de O Invernadeiro, Monte Aloia, Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, Baixa Limia e Serra do Xurés e, finalmente no das Fragas do Eume, e as actividades estarán dirixidas ás mozas e mozos galegos de entre 16 e 30 anos, tratando de estimular o seu interese pola conservación e uso sostible do patrimonio natural. A primeira das actividades do programa “Dinamizando o Medio Ambiente” terá lugar os vindeiros 14,15 e 16 de xullo no Parque Natural do Invernadeiro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149