CULTURA
Fallado o primeiro concurso fotográfico ‘Entendendo as nubes’
Os traballos ‘A casa da avoa María’ e ‘Viveiro a vista de paxaro’ son as fotografías gañadoras do primeiro premio nas categorías de educación infantil e primaria e de secundaria, bacharelato e formación profesional, respectivamente.
![[Img #33845]](upload/img/periodico/img_33845.jpg)
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de fallar o primeiro concurso fotográfico Entendendo as nubes. O traballo que reciben o primeiro premio en cada categoría é A casa da avoa María (categoría infantil e primaria), de Lois Fernández Domínguez do CEIP de Barouta no Concello de Ames; e Viveiro a vista de paxaro, da alumna do IES Vilar Ponte de Viveiro, Teresa Yin Martínez Sarmentero (categoría secundaria, Bacharelato e formación profesional).
A Consellería de Medio Ambiente convocou por primeira vez un concurso de fotografía sobre este hidrometeoro, para resaltar a enorme importancia que revisten as nubes para o tempo, o clima e a auga.
O certame estaba dirixido a todos os centros de ensino de Galicia (educación infantil, primaria, secundaria e formación profesional), que podían participar en dúas categorías, organizadas en función das idades, podendo presentar un máximo de tres fotografías. Así, un total de 28 centros na primeira categoría (etapas de educación infantil e primaria) participaron cun total de 78 fotografías no concurso, e 23 centros na segunda categoría (etapas de educación secundaria, bacharelato e formación profesional) presentaron un total de 66 fotografías.
O certame, dirixido a centros de educación da Comunidade, tiña por obxectivo resaltar a importancia destas masas para o tempo, o clima e a auga
Á hora de fallar o concurso, o xurado valorou a orixinalidade, excepcionalidade e valor artístico dos traballos presentados e premiou un total de seis fotografías, que debían ser obras orixinais e inéditas e non estarán retocadas por ningún programa informático.
Os autores da primeira fotografía seleccionada en cada categoría recibirá como premio unha cámara de fotos, e os autores da segunda e terceira fotografía seleccionadas en cada categoría recibirán como premio uns prismáticos. Na seguinte táboa detállanse os traballos premiados, en función da súa categoría:
![[Img #33850]](upload/img/periodico/img_33850.png)
Con esta iniciativa, o Goberno galego busca divulgar entre os escolares que a importancia das nubes non só reside no seu atractivo estético, o que as ten convertido en fonte de inspiración de artistas, poetas e fotógrafos, senón tamén no feito de que son unha das principais incógnitas do estudo do cambio climático e teñen un papel decisivo no ciclo da auga e na estrutura da distribución global dos recursos hídricos.
É importante salientar que as nubes son fundamentais para as observacións e predicións do tempo, polo que este tipo de tipo de iniciativas axudan a trasladar ao conxunto da sociedade -desde as idades máis temperás- que son un elemento de suma importancia e de como -a través da súa observación- o clima está a cambiar a medida que acumulan na atmosfera máis gases de efecto invernadoiro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180