SALCEDA DE CASELAS
O Goberno Municipal acusa ao PP de "boicotear o proceso de construcción do novo Centro de Saúde"
![[Img #33871]](upload/img/periodico/img_33871.jpg)
O Goberno Municipal acusa ao Partido Popular de Salceda de "boicotear o proceso de construcción do novo Centro de Saúde, antepoñendo os seus intereses partidistas ás necesidades sanitarias dos veciños e veciñas de Salceda". "A día de hoxe tódolos requerimentos recibidos no Concello por parte do SERGAS foron contestados, polo que non existe constancia de que sexa preciso aportar ningunha outra documentación para seguir adiante co proceso suscrito no convenio asinado polo Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña e o Alcalde de Salceda, Marcos Besada Pérez, o pasado 26 de marzo de 2016" explican.
"As novas recibidas nos últimos días chegaron a través dos medios de comunicación, pero non se recibiu ningún novo requerimento no Concello. Sorprende que a nota de prensa non proveña da Consellería de Sanidade ou do SERGAS, senon do Gabinete de Prensa da Delegación da Xunta en Vigo e estea plagada de datos erróneos que máis ben fan pensar que detrás de todo existe unha estratexia de poñer excusas absurdas e ademáis imposibles de cumprir, ao dictado dos intereses do Partido Popular de Salceda e do seu portavoz que están perxudicando gravemente as necesidades sanitarias dos veciños e veciñas de Salceda e poñendo paus nas rodas á execución do Centro de Saúde comprometido no Convenio" aseguran.
Ademáis din que "en vista de que no Concello non consta ningún requerimento oficial de nova documentación, nin comunicación por parte do SERGAS nin da Consellaría de Sanidade da existencia de problema algún, o Concello ven de solicitar a convocatoria da Comisión de Seguemento previsat na cláusula 7ª do Convenio asinado, seguindo os criterios de seriedade e respeto mútuo institucional, criterios que se seguiron ata o momento e que entendemos deben de rexir para o obxectivo final, que non é outro que a construcción do novo Centro de Saúde de Salceda para dar resposta ás demandas dun servizo sanitario público de calidade aos veciños e veciñas de Salceda".
Marcos Besada sinala que “O PP de Salceda e o seu portavoz seguen intentando entorpecer por todos os medios ao seu alcance e á desesperada a construcción do novo Centro de Saúde de Salceda, como ven facendo dende o 12 de maio de 2011, data da cesión ao SERGAS en Pleno da parcela de 3.001,56 m2 para a construcción do Centro. Mal que lles pesenon van conseguir o seu obxectivo. O pobo de Salceda non llo vai permitir”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149